A UDC, a primeira universidade en pagar trienios ao persoal investigador

A CIG-Ensino, asinante do acordo, insta á UVigo e á USC a cumprir co acordado na Comisión Paritaria e estender este dereito ao mesmo persoal nas respectivas universidades

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O pasado mércores a UDC e as catro organizacións sindicais con representación no Comité de Empresa de PDI Laboral (CIG-Ensino, CSIF, CCOO e UGT) asinaron un acordo co que a UDC se compromete a pagar a antigüedade a unha serie de categorías excluídas deste dereito polas tres universidades galegas.

Vista xeral da Universidade da Coruña - UDC
Vista xeral da Universidade da Coruña - UDC

Estas categorías son o persoal investigador vinculado a programas autonómicos, estatais ou internacionais. Tamén se inclúe no acordo ao persoal investigador con cargo e convenios e proxectos de investigación.

A medida implica pechar un ciclo de reclamacións, escritos e reunións, tanto a nivel galego como na propia UDC, na que a CIG-Ensino defendeu o dereito de todas estas traballadoras e traballadores a cobrar a antigüidade como o resto do PDI.

A USC E A UVIGO NON CUPRIRON O ACORDADO

Na negociaicion coa UDC, a CIG-Ensino fixo fincapé en que se recoñecese formalmente o dereito a trienios logo da signatura da acta da Comisión Paritaria, realizada o 17 de marzo, tras a cal as tres universidades decidiron bloquear o resto das negociacións programadas.

CIG-Ensino expón que a UVigo e a USC deben seguir os pasos da UDC e executar un acordo similar para que as tres universidades galegas asuman o seu compromiso e apliquen este dereito ao conxunto do persoal investigador afectado polo Convenio Colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta