A Xunta ve insuficiente o investimento estatal para o Xacobeo

Por outra banda, afirma que espera que "o recoñecemento ao que Galicia significa no Xacobeo teña o seu reflexo nas asignacións aínda pendentes de concretar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia valora o Plan Nacional Xacobeo, presentado este venres polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en Oviedo, aínda que afirma botar en falta "un maior investimento do Goberno central xa que o conxunto do investimento para todo o Estado é menor do que destina o Goberno galego só para Galicia".

"O proxecto presentado pola ministra Reyes Maroto para o conxunto das actuacións que, con motivo do Xacobeo vanse a desenvolver en todo o territorio español ao longo dos anos 2021 e 2022, conta cun orzamento de 121 millóns de euros; é dicir, 60,5 millóns por anualidade", expón a Xunta que cre que "non é suficiente".

"Sobre todo se se ten en conta que o Goberno galego, só para as actuacións en Galicia, destina este ano 85,6 millóns de euros". "Ademais, 45 millóns dos incluídos polo Goberno central xa estaban previstos para plans de sustentabilidade turística financiados con fondos europeos", engade.

A Administración autonómica cuestiona tamén que "non se tiveron en conta as alegacións presentadas ao proxecto pola Xunta, que se referían a actuacións para homoxeneizar a sinalización das rutas, ofrecer información centralizada ao peregrino e embelecer os itinerarios xacobeos, así como máis medidas de seguridade".

En particular, traslada a súa preocupación porque o Goberno central "non coordinase coa comunidade autónoma as actuacións e que moitas das medidas recollidas no plan estatal váianse a executar pasado xa o dobre Ano Santo".

FONDOS PARA REHABILITACIÓN

Con todo, coñecido o contido do texto nun acto no que estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a Xunta móstrase satisfeita coa asignación de fondos prevista para proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico de uso turístico nos Camiños de Santiago.

"No que se prevé investir 22 millóns en intervencións, un terzo do investimento total que se prevé nesta área e que recolle actuacións nalgúns dos máis destacados monumentos do Camiño na comunidade autónoma".

Por outra banda, afirma que espera que "o recoñecemento ao que Galicia significa no Xacobeo teña o seu reflexo nas asignacións aínda pendentes de concretar".

A pesar de todo, bota en falta "que o traballo realizado ata agora polo Goberno central non fose máis áxil, con maior transparencia e cunha asignación orzamentaria máis xenerosa", engade nun comunicado no que critica de novo que non se escollese Galicia para a presentación do citado plan.

Un grupo escolar madrileño camiña dirección a Santiago de Compostela pola ruta do Camiño de Santiago francés. Carlos Castro - Europa Press
Un grupo escolar madrileño camiña dirección a Santiago de Compostela pola ruta do Camiño de Santiago francés. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta