Temas: VIGO PORTO OURENSE

O Goberno destina máis de 20 millóns a arranxos na A-52 en Ourense e varias estradas coruñesas

Por E.P. | OURENSE | 21/06/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O Ministerio de Tranportes adxudicou obras de rehabilitación da Autovía das Rías Baixas, A-52, por case 4,5 millóns de euros, á vez que licita por 16,2 millóns a conservación de varias estradas da provincia da Coruña.

Segundo informa nun comunicado, adxudicou un contrato de obras para a reparación do firme da calzada dereita da autovía das Rías Baixas, entre os quilómetros 176 a 236, na provincia de Ourense.

A obra executarase na calzada sentido Vigo entre Verín e Ourense capital, cun orzamento de 4,46 millóns de euros. Desde 2018, o Ministerio destaca que investiu 31,5 millóns para reparacións de vías na provincia.

No tocante ás vías coruñesas, licita un contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado nun sector da Coruña. A duración do contrato é de 3 anos, con posibilidade de prórroga por outros 2 anos.

O sector de estradas afectado é o numero 3, que inclúe as seguintes estradas: Terceira Rolda da Coruña; acceso ao Porto Exterior da Coruña; acceso ao aeroporto da Coruña; A-6 (punto quilométrico do 540 ao 593); túnel de Eirís na AC-10; e AC-14T (entre punto quilométrico 0 e 1,6).

Percorrido que arranxará o Miniserio de Transportes na A-52. MINISTERIO DE TRANSPORTES
Percorrido que arranxará o Miniserio de Transportes na A-52. MINISTERIO DE TRANSPORTES | Fonte: Europa Press

Temas: VIGO PORTO OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta