A Xunta cre que a pandemia supuxo "o impulso definitivo" á dixitalización nos centros educativos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, resaltou que a pandemia de covid-19 supuxo "o impulso definitivo" ao proceso de dixitalización nos centros educativos.

Así o destacou durante a súa visita ao IES As Insuas, en Muros (A Coruña), onde o titular de Educación estivo acompañado polo Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O instituto muradá foi un dos beneficiarios do programa 'Educa en dixital', que repartiu case 14.500 computadores portátiles confinanciados entre o Estado, a través de 'Rede.es', e a Xunta para facilitar a conectividade do alumnado con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.

Alí, Rodríguez apuntou que os cambios motivados pola crise sanitaria á docencia nos últimos dous cursos trouxeron cambios "que veñen para quedar" no ensino. Pola súa banda, José Miñones fixo fincapé no esforzo da comunidade educativa para plantar cara para os efectos da pandemia, que puxo en "evidencia" a exitencia de "novas brechas" na educación.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta o 'Plan de Formación do Profesorado do curso 2021-2022'.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta o 'Plan de Formación do Profesorado do curso 2021-2022'.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta