Temas: RURAL XUNTA BANCA

A Xunta destina diñeiro público para que a banca instale caixeiros en concellos sen entidades financeiras

Convocadas para as anualidades 2021 a 2025, poderán ser beneficiarias as entidades que acrediten o cumprimento dos requirimentos legais esixibles para a prestación dos servizos subvencionables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A Xunta destina algo máis de 2,88 millóns de euros para conceder axudas a entidades financeiras para favorecer que haxa caixeiros automáticos e servizo de asistencia e formación en concellos da comunidade, "prioritariamente" naqueles sen banco no seu territorio.

A orde pola que se establecen as bases reguladoras destas subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, publícase este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o prazo de solicitudes ábrese este mércores polo período dun mes.

Son axudas, segundo recolle o DOG, "destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da comunidade autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio)".

Convocadas para as anualidades 2021 a 2025, poderán ser beneficiarias as entidades que acrediten o cumprimento dos requirimentos legais esixibles para a prestación dos servizos subvencionables. O servizo de asistencia financeira deberá ser prestado por persoal de entidades inscritas no rexistro de entidades de crédito do Banco de España ou ter a correspondente autorización para operar en territorio español.

DE FACENDA

En consecuencia, segundo recolle a orde de Consellería de Facenda que publica o DOG, se a entidade beneficiaria non reúne tal condición "deberá subcontratar integramente o servizo de asistencia financeira e o servizo de formación".

En suma, o obxecto desta subvención é incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios "básicos", por un período de catro anos, nos concellos galegos mediante a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros e a prestación dos mencionados servizos.

Arquivo - Caixeiro automático.. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Caixeiro automático.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: RURAL XUNTA BANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta