O Grove, pioneiro en hoteis ecolóxicamente responsables

A iniciativa Ecostars, cuxo primeiro piloto se presentou no Grove, buscar far informaicón sobre o nivel de sosteñibilidade de cada establecemento.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

Os hoteis de O Grove serán os primeiros en recibir a calificación de Ecostars, un proxecto piloto que pretende dar información aos clientes de hoteis sobre o nivel de sosteñibilidade dos estableceemntos, así como fomentar a implementación de medidas para reducir o impacto ambiental. 

Presentación da proba piloto de Ecostars no Grove
Presentación da proba piloto de Ecostars no Grove | Fonte: Ecostars

Esta iniciativa enmárcase nun contexto no que a preocupación ecolóxica vai en aumento. Porén, "a pesar desta conciencia, non existe unha lexislación expresa, nin un compromiso evidente. O que pretendemos con este piloto e probar que, existindo este rating de sosteñibilidade os viaxeiros van optar por aqueles hoteis que cumpran mais", afirma o socio fundador da iniciativa, José Luis Santos. 

Ecostars é unha calificación de sosteñibilidade que pon na man do cliente información sobre o impacto ecolóxico de cada establecemento. Os primeiros hoteis que ofrecerán esta información serán os de o Grove a través desa proba piloto, pero Ecostats "terá unha vocación internacional" tras outras catro probas pilotos que se teñen previsto desenvolver noutros puntos de España. 

A iniciativa, que se presentou este martes nun acto celebrado no Hotel Isla da Toxa, recibiu o apoio de representantes do Concello de O Grove, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, comercio e Turismo, así como da Conferencia da ONU para o cambio climático. "Levamos anos apostando por unha marca de calidade que queremos chamar O Grove Excelente, e ser excelentes no s.XXI e cos tempos que corren significa principalmente ser ecolóxicos", afirmou o alcalde de O Grove, José Cacabelos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta