As terrazas ampliaranse ao 100%, poderase pedir en barra e o lecer nocturno reabrirá desde o 1 de xullo

Feijóo destaca que "por primeira vez en moitos meses" non quedará en Galicia "ningunha actividade completamente pechada".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Galicia dá un paso máis na desescalada cunha ampliación xeneralizada de ata o 75% da capacidade en diversos espazos e tamén para eventos. E, aínda que máis limitadas, na hostalaría tamén haberá novidades: a capacidade no interior de bares e cafetarías manterase no 50%, pero ampliarase ata o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia.

Varias persoas en terrazas de bares, na Rúa do Fornos, a 22 de maio de 2021, en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Varias persoas en terrazas de bares, na Rúa do Fornos, a 22 de maio de 2021, en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o detalle das novas restricións o venres e entrarán en vigor o sábado, pero o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, xa avanzou algunhas das decisións avaladas polo comité clínico.

En concreto, na hostalaría, ademais da ampliación da capacidade nas terrazas, permitirase pedir e servir nas barras dos locais, pero non se poderá consumir nas mesmas.

Á espera de que o DOG ratifique a regulación en detalle en cada nivel segundo o tipo de actividade (que, segundo Sanidade, quedará concretado), os concellos con nivel máis alto de alerta --do mesmo xeito que no caso da retirada das máscaras e delr isto de cuestións-- deberán manter as restricións axustadas ao seu nivel.

Por outra banda, en canto ás reunións, segue o límite de 15 persoas en terraza e de 6 no interior dos locais.

Ademais, Feijóo lembrou que en "moitísimos concellos" ampliouse a superficie das terrazas mediante ordenanza local, o que facilitará que, aínda respectando o metro e medio de distancia, a capacidade sexa realmente do 100%.

LUGARES DE CULTO, XIMNASIOS E OUTROS

Na súa intervención, Feijóo aludiu nun primeiro termo á nova situación da capacidade que entrará en vigor o vindeiro sábado. Deste xeito, confirmou o aumento do 50 ao 75% en lugares de culto, academias e centros de formación, congresos, ximnasios, museos, arquivos e bibliotecas, acuarios e zoolóxicos.

Ademais, a Xunta permite aumentar de 25 a 50 persoas o número máximo de asistentes a un enterro.

Nesta mesma liña, Feijóo anunciou a reapertura das áreas de descanso e de lecer infantil dos centros comerciais; así como o aumento da capacidade máxima das prazas de pé do transporte urbano, pasando dun sexto a un terzo da capacidade.

Tamén se volverá permitir o contacto físico nos centros de actividades deportivas e nas academias de danza.

E Feijóo anticipou a reincorporación de forma presencial, desde o 5 de xullo, dos empregados da Xunta que estaban teletraballando de maneira excepcional.

REAPERTURA DO LECER NOCTURNO

Por outra banda, confirmou que a partir de 1 de xullo reabrirase o lecer nocturno, "sempre de acordo cos protocolos de saúde pública e despois do éxito das probas piloto levadas a cabo". Con esta apertura, destacou que en Galicia "non quedará ningunha actividade totalmente pechada" pola covid-19, algo que non sucedía desde "hai moitos meses".

Preguntado sobre as condicións nas que reabrirá o lecer nocturno, o presidente explicou que o "criterio" que, en principio, se mantén sobre ocupación é "do 50% no interior e do 100% en terrazas".

En canto aos horarios, asegurou que se buscará encaixar as demandas do lecer nocturno coas directrices que chegan do Ministerio de Sanidade. Para iso está previsto que se manteña un encontro na próxima xornada entre representantes da Xunta e o sector.

VODAS E BAUTIZOS

Preguntado en concreto pola capacidade para celebracións como vodas e bautizos, o presidente aludiu á regra xeral do 75% para eventos, pero advertiu que se está redactando un protocolo que concretará máis en detalle "caso por caso", segundo o tipo de festexo.

A pauta xeral será que se pasará a un límite máximo de 1.000 persoas en exterior e 500 no interior, segundo precisou Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta