Acoden a Quintana tras o caso da AGAI

Remitennos unha carta, asinada por 53 persoas do mundo cultural e político, dirixida a Anxo Quintana e titulada "respetar ás minorías para gañar á sociedade", tras as presións do Consello Comarcal de Vigo contra o presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés. Tamén militantes nacionalistas de EN se teñen dirixido, a través dunha misiva, ao candidato do BNG en Vigo, Santiago Domínguez Olveira.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/03/2007 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, - ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL - que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

 

   

01 - Xoán Bernárdez Vilar

02 - Abel Anxo García López

03 - Manuel Feás Sánchez

04 - Cesar Pazos Carreiro

05 - Mª Isabel Ferreiro Rodríguez

06 - Fernando del Rio Iglesias

07 - Francisco X.Lores Ínsua

08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro

09 - José Henrique Pérez Rodríguez

10 - Florentino Pinheiro Vasques

11 - Xose Carlos Morell Gonzalez

12 - Xoan Xesús Rozas Neira

13 - Iago Pillado Losada

14 - Natalia Costas Alonso

15 - Fernando Acuña Rúa

16 - Henrique Monteagudo Romero

17 - Fernando Rodríguez Dacosta

18 - Miguel Mato Fondo

19 - Xosé María Moreno Villar

20 - Vitor Manuel Meirinho Guede

21 - MªLuisa Varela Nogueiras

22 - Alberte Mahía Rodríguez

23 - Felipe Gómez Morgade

24 - Francisco Xavier Freire Chico

25 - Carlos Pérez Sainz

26 - David Álvarez López

27 - Francisco Lores Santacecilia

28 - Alexandre Fernández Villaverde

29 - Alberte Vila González

30 - Gonzalo Cao Sousa

31 - Manoel Santos Díaz

32 - Quico Recondo Martínez

33 - Xosé Manuel Garcia Garcia

34 - Xosé Manuel Xil Ramos

35 - Xosé-Henrique Costas González

36 - Antonio Rodríguez Sampayo

37 - Diego González López

38 - Patricia Pampillón Vila

39 - Carlos Nuevo Cal

40 - Marta Toledano Funes

41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma

42 - Carlos Alonso Valladares

43 - Xavier Gómez Curras

44 - Xose Gómez Quintela

45 - Xosé Vixande López

46 - Daniel Monteagudo Ferreira

47 - Xavier González Carreira

48 - Manuel Currás Meira

49 - Susana Seoane Dovigo

50 - Heliodoro Álvarez Conde

51 - Xusto Molejón Valoria

52 - Xoaquín de Acosta Beiras

53 - Carlos Teixeira Rivas

 

Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 O moinante

O nacionalismo sem contido de classe nom é outra cousa que um integrismo que pode conducir ao nazismo. Ej. o Estado de Israel. O sionismo doctrina central desse Estado, só tem construido umha sociedade racista, e genocida; e parodojicamente anti-judea. Pois o sionismo foi desde a sua origem anti-judeu, senom como explica os seus acordos com o Zar (começo do século XX) despois de umha das mais grandes poogrons levadas polo cristianismo ortodoxo em Rusia. Os seus acordos com os nazis alemans...em fim.
E agora, desde o populismo nihilista e no fundo anti U.P.G. , pois isto é o que jungue aos assinantes do escrita, jogam a ser Solanas. Si aquele ezquerdista do PSOE que estava contra as bases américanas e que acabou sendo o secretario geral da NATO. Quando se disfrazava de esquerdista já era agente norteaméricano. Dixit: Vernon Walters, general usaméricano e jefe da Cia durante muito anos.
Livro: Misiones discretas - Planeta. Nom havera entre os que fizérom esta movida, algum agente do Mossad?

1 estevo das estrivadas

Partindo de que os únicos datos dos que parto son os que lin nos diferentes medios de comunicación, hai que recoñecer que os que motivaron esta iniciativa pasáronse TRES PARES.
Hai uns días, non sei a quen lle escoitei dicer que porque non se botaba do BNG tamén aos que están metidos en asociacións de amizade procubanas (ás que eu apoio sen fisuras).
En que se basan para dicer isto vale e isto non vale, se cadra ven algo nos estatutos do BNG????

Ademáis, hai outra...cantos militan no BNG que falan sempre "español" agás cando están nas reunións do Frente?, hai moitos...tamén deben ser expulsados...se empezamos con isto acabamos co BNG.

Considérome unha persoa perto da UPG, non sei se este partido é o respnsábel desta situación. Se é así está TRABUCADO...é un ERRO GARRAFAL.

Quero finalizar cunha verbas do dramaturgo e comunista alemán Bertold Bretch:

"Primeiro, levaronse aos comunistas, mais a min non me importou, porque eu non era.

De súpeto, leváronse a uns obreiros, mais a min non me importou, porque eu non era.

Despois, detiveron aos sindicalistas, mais a min non me importou, pois eu non son sindicalista.

Logo, apresaron a uns cregos, mais como eu non son relixioso, tampouco me importou.

Agora levanme a min...mais XA É TARDE."