Santalices enxalza a figura da "madrigallega" Pardo Bazán

Destaca que se "adiantou ao seu tempo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, enxalzou a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, unha "madrigallega" que "se adiantou ao seu tempo" ao expor debates que un século despois da súa morte permanecen vixentes, como a igualdade entre homes e mulleres.

Estas palabras proceden da intervención do xefe do Lexislativo autonómico en Madrid, onde este xoves participou na ofrenda floral da Basílica da Concepción na que repousan os restos da escritora.

Durante o acto, organizado por asociacións galegas na capital estatal para connmemorar o 100 aniversario da morte da literata e que se encadra na Semana Xacobeo 21 de Madrid, Santalices agradeceu o tributo a Parzo Bazán, unha "galega universal" que tamén é "madrigallega".

O Parlamento de Galicia tamén prepara os seus actos de conmemoración do centenario da morte da escritora coruñesa. Así, a Cámara patrocinará a edición dun libro editado pola RAG do principal ensaio feminista da autora, 'A educación do home e da muller', publicado en 1982.

Homenaxe ante a tumba de Emilia Pardo Bazán en Madrid con presenza do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. PARLAMENTO DE GALICIA
Homenaxe ante a tumba de Emilia Pardo Bazán en Madrid con presenza do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta