Nova morte por covid: unha muller de 72 anos ingresada na área da Coruña

Son xa 2.435 as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A morte dunha muller de 72 anos na área sanitaria da Coruña e Cee eleva a 2.435 as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia en Galicia. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa tras a reunión do Consello da Xunta da morte desta muller de 72 anos na área sanitaria da Coruña. "O noso pésame", destacou.

As autoridades sanitarias galegas levaban tres días consecutivos sen notificar novas vítimas da pandemia en Galicia, despois do último óbito do fin de semana. En concreto, a última morte na Comunidade galega foi notificada o domingo e correspondeu a un home de 100 anos diagnosticado de Covid-19 que morreu o día 19. Estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e tiña patoloxías previas.

Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns
Dous traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden a unha residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ho chi minh

O problema é que morre xente vacinada. E coa variante Delta en Israel o 40 por cento dos que a pillan están vacinados e moitos teñen que ser ingresados. Así que falta moito para unha solución. Por desgraza.