Acordo do BNG e PSOE de Ferrol para o proxecto de orzamentos do 2021

O respaldo chega a cambio de municipalizar o servizo de rozas, auditar ás empresas concesionarias e investimentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2021 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, o socialista Ángel Mato, e o portavoz do grupo municipal do BNG neste municipio, Iván Rivas, aseguraron que ambas as partes chegaron a un acordo en virtude do cal o grupo nacionalista, na oposición, apoiará o proxecto de orzamento para este ano 2021 do goberno local a cambio de incluír algunha das súas propostas. Nunha comparecencia desenvolvida na mañá deste vés, 25 de xuño, no Concello, Mato detallou que teñen "aínda un pequeno camiño por diante".

"Queremos que isto se faga á menor brevidade, temos tempo e seguimos falando, espero que nos próximo días sexamos quen de poder levar a bo porto este orzamento que temos presentado", sinalou, xa que dos 25 concelleiros que componem a corporación, o PSOE conta con oito, polos dous do BNG, os tres de FeC e os 12 do Partido Popular, formacións estas dúas últimas coa que o rexedor asegurou que "seguimos negociando e falando sobre as súas achegas".

TRES ASUNTOS PRIORITARIOS

Pola súa banda, Iván Rivas detallou que foron tres os puntos do acordo ao que chegaron ambos os partidos, como son "municipalizar o servizo de roza e limpeza de vías, onde os servizos públicos comezan a porse a disposición dos veciños e non das empresas concesionarias", ademais de "iniciar o expediente para reclamar á empresa Urbaser os máis de 300.000 euros que a auditoría do ano 2018 acredita que lle deben aos veciños desta cidade".

O portavoz nacionalista tamén detallou que acordaron realizar actuacións diversas en varios barrios do municipio, tanto na zona rural como urbana. E incidiu no caso da rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero, no barrio de Ferrol Vello. "Pondo en valor aos nosos referentes locais, non só para a cidade, senón que para o resto do país, onde imos abordar a reorientación do proxecto e destinando este conxunto de edificacións a usos de tipo cultural que permitan converter a este equipamento nunha referencia para o barrio, cidade e todos os galegos", detallou Rivas.

Julián Reina e Ángel Mato en rolda de prensa. CONCELLO DE FERROL
Julián Reina e Ángel Mato en rolda de prensa. CONCELLO DE FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta