Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2021 | Actualizada ás 10:21
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Palma decidirá, previsiblemente ao longo deste mércores, se ratifica o confinamento forzoso dos estudantes afectados polo 'macrofoco' asociado a viaxes de fin de curso a Mallorca.
Trátase de máis de 200 alumnos que se atopan illados no hotel Palma Bellver, habilitado polo Govern como 'hotel ponte' para corentenas de positivos leves ou asintomáticos e contactos estreitos de persoas sen residencia na illa.
A Fiscalía opúxose este martes ao confinamento considerando que as medidas adoptadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública "non resultan plenamente xustificadas nin proporcionadas". O Ministerio Público cuestionou que a resolución "non especifica nin concreta de forma clara nin directa" a ningún dos alumnos, sen facer referencias á situación particular de cada un deles --como a data de chegada, período de estancia na illa, grupo ao que pertencía, actividades realizadas ou o hotel no que se hospedaron--.
Tras recibir o informe da Fiscalía, o Xulgado solicitou máis información ao Govern para decidir sobre a medida. Por outra banda, outro Xulgado ten sobre a mesa unhas 200 peticións de 'habeas corpus' presentadas por pais de alumnos illados. De momento, os xuíces xa denegaron varias peticións deste tipo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.