Pacto entre PSdeG, Ferrol en Común e o BNG para sacar adiante os orzamentos deste ano

A cidade atópase coas contas prorrogadas desde 2018. Ferrol en Común logra que os socialistas inclúan algúns dos proxectos pendentes cando estaban na alcaldía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Ferrol terá un novo orzamento este ano grazas ao acordo alcanzado entre o Partido Socialista do alcalde Ángel Mato con Ferrol en Común, cuxo apoio á proposta, sumado ao do BNG, permitirá que a cidade naval aproba unhas contas e deixei atrás as de 2018, que se atopan prorrogadas desde entón.

O acordo foi anunciado este xoves polo alcalde, Ángel Mato xunto co portavoz de Ferrol en Común (FeC), Jorge Suárez. A idea do executivo local é convocar o pleno para a aprobación das contas a finais da próxima semana.

O encargado de avanzar o pacto foi o portavoz de FeC e exalcalde, Jorge Suárez, que confirmou o apoio delos tres edís da súa formación aos orzamentos, que sairán adiante co voto a favor dos 13 edís necesarios grazas á suma de PSOE, BNG e FeC.

Súarez sinalou que a decisión se encandra no desexo de "antepor a responsabilidade a calquera outra consideración, igual que o PSOE antepuxo a xenerosidade".

O exrexedor cualificou o documento orzamentario de "imprescindible para mellorar as condicións de vida da cidadanía de Ferrol tras unha crise sanitaria sen precedentes". Ademais, expresou o seu desexo de que este acordo sexa "o primeiro paso dunha relación estable" para o que queda de mandato.

Os puntos do acordo entre PSOE e FeC serán de aplicación este ano e o que vén. Ademais de apelar á "lealdade política para cumprilos", Suárez explicou que se acordou a dotación de máis prazas de persoal municipal e a elevación a pleno do regulamento da carreira profesional, un mecanismo que xa existe noutras administracións. Ademais, terá continuidade o plan de accesibilidade de pasos de peóns e materializarase o compromiso de destinar cada ano medio millón de euros a melloras neste sentido.

O desenvolvemento de plans sociocomunitarios en San Pablo e Recimil e o estudo dunha Renda Municipal Básica ligada ás axudas de emerxencia son outros aspectos que figuran no documento acordado, ademais da incoación do expediente para elaborar un novo regulamento de participación cidadá.

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato.
O alcalde de Ferrol, Anxo Mato. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta