A directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont Sendino, non descarta "falar dun convenio de colaboración" se, chegado o momento, son "moitos" os concellos galegos que establecen a taxa turística.
  comenta   0
Estes beneficios fiscais están destinados a familias con rendas per cápita situadas entre os 10.000 e os 30.000 euros, xa que as que teñen inferiores ingresos poden acceder a outras liñas de axuda, como o fondo de libros e o cheque para material escolar.
  comenta   0
A Xunta demandou unha reunión ao Ministerio de Vivenda para abordar a subida de alugueres a cooperativistas do barrio coruñés de Xuxán, ante as denuncias dos mesmos sobre a subida do aluguer social, de forma que, segundo sosteñen, poderían pasar duns 400 ou 600 euros ata mil euros.
  comenta   0
Concesións prorrogadas, peaxes que non baixan e cartos públicos que seguen enchendo as arcas dunha empresa privada. O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, denuncia un sistema inasumible para moitos galegos: "Non podemos seguir pagando os prezos dunha infraestrutura xa amortizada".
  comenta   1
Será compatible con libros de texto en Primaria e coas axudas para a súa compra. A Xunta avanza máis funcionalidades no programa do libro dixital e ampliará a formación en educación tecnolóxica para familias e docentes.
  comenta   0
As axudas, que oscilarán entre 150 e 350 euros, estarán dispoñibles para os residentes empadroados en Santiago que se atopen en situacións específicas de mobilidade
Os Xestores Administrativos de Galicia alertan da presenza de erros nos borradores da Renda a pesar do uso de IA e Big Data por parte da AEAT. Lembran que unha dedución mal aplicada ou un dato omitido poden converter unha declaración a devolver nunha a pagar.
  comenta   0
En Galicia, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha avaliación e un plan de axudas fronte aos aranceis anunciados polo presidente de Estados Unidos.
  comenta   0
A nova licitación supón unha alza da partida para as empresas adxudicatarias e permite viaxar con animais de compañía por primeira vez
  comenta   0
"As propostas que presenta a Xunta están deseñadas para beneficiar a curto prazo ás persoas que teñen vivendas que están ou poderían estar en aluguer, ignorando completamente as necesidades e os dereitos das persoas afectadas pola crise da vivenda", lamentou a Plataforma.
  comenta   0
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o real decreto polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2025/2026.
  comenta   0
O desaxuste entre a creación de fogares e a construción de novas vivendas dificultará o acceso á compra.
  comenta   0
O gasto en consumo dos fogares creceu en 2022 un 12,2%, o que se traduce nunha diminución do aforro do sector fogares en Galicia
  comenta   0
Asina con UGT e CC.OO. a nova suba do salario mínimo que beneficiará a uns dous millóns de traballadores, dous de cada tres mulleres.
  comenta   0
Mutualistas xubilados terán que presentar un formulario para a devolucion do IRPF, que se porá á súa disposición o 2 de abril.
  comenta   0
A multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galicia e a súa alianza con Greenalia, a través de Smarttia, o holding empresarial controlado por Manuel García Pardo. Un movemento empresarial que ten lugar nun momento decisivo para a aprobación da gran megacelulosa en Palas de Rei.
  comenta   0
A investigadora Isabel González García, da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), denuncia que nesta cidade a día de hoxe a vivenda exerce como "un sofisticado sistema de depuración social: cada un vive onde pode vivir e onde debe vivir".
  comenta   0
Carles Donat, investigador da Universitat Autónoma de Barcelona, lamenta os problemas que está a causar a proliferación de vivendas turísticas nunha cidade onde pasaron de ser unicamente 90 no 2010 a estar na actualidade nas 9.000 con licenza e nas 15.000 operando en plataformas como Airbnb.
O investigador da USC Ismael Irigoy detalla que "en España hai 3 millóns de vivendas en aluguer" e que "un 15 % dos españois obteñen rendas a través do aluguer de propiedades"; mentres que nunha cidade como Barcelona "a media dos ingresos que un cidadán ten que destinar mensualmente ao aluguer está nun 43 %".
  comenta   0
A carga media do aluguer supera o 30 % da renda media dos fogares e o seu prezo subiu máis de tres puntos respecto ao IPC, segundo un estudo da UDC encargado polo Goberno local para presentar a solicitude ante a Xunta.
Haberá un novo PERTE sobre construción en Valencia e subida de impostos a compradores extracomunitarios, tal e como anunciou este luns o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
  comenta   0
Os contratos de aluguer que vaian actualizar a súa renda a partir de 2025 e que fosen asinados desde a entrada en vigor da Lei de Vivenda, o 25 de maio de 2023, deberán usar xa este novo índice creado polo INE para revisar a súa anualidade.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, avanzou hai unhas semanas que convocará a mesa de diálogo social para o SMI a principios do próximo ano.
  comenta   1
Facenda eleva o límite que obriga aos contribuíntes a presentar a Renda con dous ou máis pagadores.
  comenta   0
As pensións mínimas subirán preto dun 6% para 2025 e as non contributivas e o IMV aumentarán un 9%.
  comenta   0
O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e produtos alimenticios supón o 36,7 % do gasto dos fogares galegos en 2022, segundo a matriz de contabilidade social que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
O Instituto Nacional de Estatística (INE) sacará ao longo deste mes de decembro o novo índice que rexerá a partir de 2025 a actualización anual dos contratos de arrendamento, dando cumprimento así á disposición adicional undécima da Lei polo Dereito á Vivenda.
  comenta   0