Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/07/2021 | Actualizada ás 15:49
O presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, declarou que as asociacións ecolóxicas e marítimas da zona estudan denunciar á Xunta de Galicia por "abandono" dos seus funcionez en materia de protección ambiental da ría, á vez que mostraron o seu rexeitamento ao novo proxecto deseñado por Cobre San Rafael SL para tentar retomar actividade na mina de Touro.
A plataforma acusa á Administración autonómica de non velar polo cumprimento dos deberes ambientais relacionados coa antiga explotación, pechada en 1986 e que a empresa mineira tiña a obrigación de restaurar medioambientalmente a zona, algo que, segundo denuncian, "nunca chegou a producirse".
Rubido criticou que a empresa incumpriu a Lei de Minas de 1973 como o Real Decreto de 1982, ante a "inacción" do Goberno galego, posuidor das competencias en materia mineira.
Nun comunicado, a plataforma asegura que algúns dos impactos que a antiga mina deixou no municipio de Touro corresponden a ocos mineiros, balsas de estériles sen encapsular ou drenaxes acedas que verten continuamente á canle fluvial.
O seu presidente explicou que os "pasivos ambientais" afectan á ría de Arousa e a todos os sectores económicos que viven dela. Precisamente, a plataforma fixo unha declaración este sábado no Concello da Illa de Arousa, xunto coas confrarías de pescadores e algunhas asociacións ecolóxicas como Adega ou a Plataforma mina Touro-O Pino Non.
Nela mostraron a súa negativa aos plans de Atalaia Mining, multinacional asociada con Cobre San Rafael, de reabrir a mina de Touro-O Pino; despois de que en marzo deste ano a Xunta rexeitase a proposta inicial presentada pola empresa debido á falta de "sustentabilidade ambiental".
CONIVENCIA DA XUNTA
Xaquín Rubido incidiu en que a "inacción" do Executivo autonómico se exemplifica coas declaracións en sede parlamentar que fixo en xaneiro de 2020 o conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Nelas, como lembrou, Conde manifestaba que a empresa mineira debía tramitar un plano de restauración "que salvagardase o estado ecolóxico" da zona.
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa critica que, tras un ano e medio, ese plan non foi concibido e a Xunta, sosteñen, non tomou ningún tipo de medida sancionadora.
"A ría de Arousa non é só importante polo seu valor ecolóxico", engadiu Rubido, que advirten do impacto conómico das empresas da ría dedicadas á pesca e ao turismo é "moito maior os beneficios que traerá consigo a reapertura da mina de Touro.
Os convocantes da rolda de prensa finalizaron a súa declaración coa petición de que a mina do municipio coruñés non siga os pasos das balsas que Atalaia Mining posúe en Huelva e que, como resaltaron, foron denunciadas "en repetidas ocasións" polo CSIC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.