A recente Feira de Industrias Culturais acolleu un expositor de Luzes, a revista que naceu este inverno para facer "o xornalismo que xa non cabe nos xornais, con calma, e que pasa da axenda diaria que marcan os políticos ou as empresas". Así o explica Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas e un dos promotores da nova cabeceira. Na súa opinión, "o futuro é o papel para determinados tipos de contidos" coma a reportaxe.