O BNG denuncia unha agresión a unha persoa LGBTI en Santiago e pide activar un centro de asesoramento

O colectivo LGBTI de Santiago alertou na madrugada do venres unha agresión con intimidación a unha muller transexual, con "uso de violencia física e verbal", á altura do cruceiro de San Pedro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A concelleira do BNG de Santiago Navia Rivas denunciou unha agresión contra unha persoa do colectivo LGTBI o pasado venres na compostelá rúa de San Pedro, ante a cal reclamou que se poñan en marcha os protocolos de axuda e de investigación para atopar aos que provocaron esta "intimidación con uso de violencia física e verbal".

Segundo recolle nun comunicado, o colectivo LGBTI de Santiago alertou na madrugada do venres unha agresión con intimidación a unha muller transexual, con "uso de violencia física e verbal", á altura do cruceiro de San Pedro.

Engade que diversas persoas que presenciaron os feitos "impediron que a agresión fose a máis e acompañaron a dúas mulleres ás súas casas". O Concello de Santiago asegurou a Europa Press que a Policía Local non ten constancia do ocorrido.

Ante estes feitos, o BNG reclama ao Concello de Santiago reclamou que se poña en marcha o Centro de Asesoramento LGBTI, que foi aprobado no pleno de maio de 2020 para prestar servizo para axudar a tramitar axudas sociais, orientación laboral e a creación dun observatorio contra as violencias lgbtifóbicas, "tendo en conta as dificultades que padece este colectivo", afirmou Navia Rivas.

Entre as funcións deste centro, prevíase a creación dun observatorio municipal contra as violencias lgtbifóbicas, en coordinación con asociacións e policía local, xunto cun instrumento para denunciar e contabilizar casos de agresións.

"Urxe unha resposta social e institucional a este tipo de agresións para conseguir que Santiago sexa unha cidade aberta, plural e respectuosa coa condición de xénero, o feminismo e a igualdade", remarcou a edila.

Centenares de persoas participan nunha manifestación convocada polo Día Internacional do Orgullo LGTBI, a 28 de xuño de 2021, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Centenares de persoas participan nunha manifestación convocada polo Día Internacional do Orgullo LGTBI, a 28 de xuño de 2021, na Coruña. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta