Unha obra de teatro galega trunfa nun certame internacional cun xurado composto por crianzas

'Quijote', de Pedras e Barro, reinterpreta o clásico cervantino en clave de humor cun espectáculo dirixido aos máis pequenos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A “orixinalidade” do teatro galego volve ter premio, e desta vez fóra das fronteiras. A compañía Pedras de Cartón vén de levar o X Certamen Internacional Barroco Infantil por Quixote, unha reinterpretación do clásico de Miguel de Cervantes aderezado con doses de humor pensadas para un gozo en familia que resulta especialmente apelativo para os máis pequenos.

Unha escea de 'Quijote' a obra de Pedras de Cartón gañadora do X Certamen Internacional de Barroco Infantil
Unha escea de 'Quijote' a obra de Pedras de Cartón gañadora do X Certamen Internacional de Barroco Infantil | Fonte: Festival de Almagro

A obra, construída sobre unha versión de Juan Rodríguez dirixida e por Laura Sarasola conquistou ao xurado pola súa “extraordinaria creatividade sen palabras”, segundo destacan dende o Festival de Almagro, cuxa coordinadora de programación formou parte do equipo encargado de escoller a mellor peza. Precisamente, Pedras de Cartón continuará coa súa andaina dramaturga polas terras dos muíños cervantinos, subindo ao escenario do Teatro Municipal de Almagro o vindeiro 7 de xullo. 

“Quijote é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Miguel de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia, nunha proposta chea de humor e case sen palabras”, destacan dende o Festival. A obra decorre con Don Quijote viaxando polas terras de Castela nun velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O xurado gabou esta obra pola súa mímica e a aproximación que fai dos escenarios; e os de Pedras de Barro non o tiveron fácil, posto que entre os electores xurado había tres nenas que se encargaron tamén de escoller que obra apelaba máis ao seu gusto. Quixote saíu vitoriosa polo “o enxeño da  mímica para sacar un sorriso” así como “a mestría e o oficio dos actores para conectar co público baixo a acertada batuta da directora de escena”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta