Galicia rexistra un 17% de caída na oferta de emprego en 2020

A Coruña aglutina o 41% das ofertas, seguida de Pontevedra (o 35,7%). A máis distancia están Lugo (12,1%) e Ourense (11,2%).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A oferta de emprego realizada por empresas en Galicia en 2020 descendeu un 17% en comparación co anterior ano, segundo un informe realizado por Adecco.

Este descenso supón o terceiro menor entre comunidades, cun retroceso que alcanza de media no país o 41,9% nun ano marcado pola pandemia. Un esborralle que alcanzou o 70% nos meses do confinamento.

De tal forma, o 3,1% das ofertas de emprego que se publican no país xéranse na autonomía galega. Supón o oitavo lugar na clasificación autonómica de xeración de ofertas de traballo.

A Coruña aglutina o 41% das ofertas, seguida de Pontevedra (o 35,7%). A máis distancia Lugo (12,1%) e Ourense (11,2%).

Por sectores, comercio ascende unha posición e sitúase como o sector que maior oferta de emprego acapara en Galicia (+9,9%), tras a caída de hostalaría e turismo (-7,7 puntos porcentuais), o sector máis prexudicado pola covid-19.

En canto a volume de oferta refírese, sanidade e ensino/formación foron dúas dos sectores máis beneficiados pola pandemia: ambos teñen unha relevancia maior na distribución sectorial de Galicia que no resto de España.

Por perfís, o posto de traballo máis demandado na comunidade galega foi o de comercial (7,66%). O segundo lugar ocúpao o de operario (4,98%) e o terceiro é o de mozo de almacén (4,57%).

Nin empresas nin profesionais se mostran aínda moi optimistas coa evolución do emprego nos próximos meses. Aínda que un 39,4% das empresas consultadas prevé facer contratacións neste 2021, no caso dos autónomos, esa porcentaxe redúcese ao 3,4%. Ademais, un 47% das persoas con emprego cre posible quedar sen traballo durante 2021 pola crise.

Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press
Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta