Os parques eólicos no mar tamén danan o medio ambiente, alerta a UE

O Parlamento Europeo subliña o impacto negativo destas infraestruturas, que poderían poñer en perigo a rendibilidade do sector pesqueiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O Parlamento Europeo alertou este mércores do impacto negativo na vida mariña e os caladoiros da Unión Europea da instalación de novos aeroxeradores de enerxía eólica no mar. O informe da Eurocámara pide unha "participación xusta" de pescadores e outros grupos de interese no proceso de decisión da construción destas infraestruturas, xa que, segundo os europarlamentarios, a cooperación pode reducir o prexuízo causado por turbinas mariñas aos bancos de peixes e fortalecer a relación entre os distintos sectores.

O texto expón, ademais, que en especial a costa e os caladoiros pequenos, nos que faena o 80 por cento da frota europea, poden verse afectados pola instalación de novos muíños de vento. É por iso que reclaman unha compensación ao sector pesqueiro naqueles casos nos que o acceso se vexa afectado pola construción de aeroxeradores.

Igualmente, piden cooperación estreita con Reino Unido, posto que o 85 por cento destas infraestruturas se atopan no mar do Norte, o Báltico e o Atlántico nordés, espazos nos que os pescadores europeos seguirán compartindo caladoiros cos seus compañeiros británicos.

Plataforma eólica mariña co maior aeroxerador construído pola UTE Navantia-Windar para Windplus S.A
Plataforma eólica mariña co maior aeroxerador construído pola UTE Navantia-Windar para Windplus S.A | Fonte: Windplus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta