Convocan a 3.330 persoas de 18 a 35 anos a cribados en Caldas de Reis, Pontevedra, Poio e Marín

Tanto os resultados das PCR como do test de antíxenos enviaranse aos participantes mediante mensaxe SMS.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/07/2021 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde convocou a 3.330 persoas de 18 a 35 anos a cribados entre este venres e o vindeiro luns nas localidades pontevedresas de Caldas de Rei, Poio, Marín e Pontevedra para detectar casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas.

Segundo informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, este venres están citadas 1.530 persoas de 18 a 35 anos a un cribado en Caldas de Reis con test de antíxenos. Terá lugar en quendas de mañá e tarde na Escola Obradoiro.

O sábado día 10 foron convocados a probas PCR un milleiro de persoas da mesma idade de Pontevedra, Poio e Marín no aparcadoiro do Hospital Provincial en quendas de mañá e tarde.

Pola súa banda, este domingo, 11 de xullo, están citadas unhas 400 persoas de 18 a 35 anos de Pontevedra, Poio e Marín a test de antíxenos en quendas de mañá e tarde tamén no aparcadoiro do Hospital Provincial na cidade do Lérez.

E o luns, día 12, está previsto un cribado poboacional con 400 participantes de Pontevedra, Poio e Marín, da mesma franxa de idade, con test de antíxenos que levarán a cabo no mesmo aparcadoiro do Hospital Provincial en quendas de mañá e tarde.

Por parte da área sanitaria pontevedresa indícase que tanto os resultados das PCR como do test de antíxenos enviaranse aos participantes mediante mensaxe SMS. E no caso dos positivos o Sergas contactará con esas persoas para informarlles das medidas preventivas a adoptar.

Cribado .. SERGAS
Cribado .. SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta