O 72% da poboación galega conta cunha dose en plena explosión de novos contaxios

Galicia supera o 55,4% de poboación con pauta completa contra a Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Galicia supera o 55,4 por cento da poboación diana a vacinar contra a Covid-19 con pauta completa tras alcanzar as 1.362.206 persoas inmunizadas, que supoñen 29.363 máis que a xornada anterior, mentres que un 71,88% dos cidadáns a inmunizar conta con polo menos unha dose.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do xoves, recollidos por Europa Press, administráronse 2.992.471 dose das 3.187.685 recibidas ata a data.

Dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación deste xoves en Galicia centrouse en administrar dose para completar pautas, ao haber 29.363 persoas máis co proceso finalizado.

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.192 persoas maiores de 85 anos (+9); 96.034 de 80 a 84 anos (+8); 134.182 de 75 a 79 anos (+18); 152.686 de 70 a 74 anos (+16); 159.936 de 65 a 69 anos (+152); 169.661 de 60 a 64 anos; 184.162 de 55 a 59 anos (+106) e 192.004 de 50 a 54 anos (+98).

A estas súmanse 196.731 persoas de 45 a 49 anos (+309) e 187.248 de 40 a 44 anos (+299). Así, ata o momento foron vacinadas 383.979 cidadáns de 40 a 49 anos, un 86,67 duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Por tanto, ata o momento recibiron polo menos unha dose 1.603.836 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,24% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Varias persoas acoden a recibir a segunda dose da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Varias persoas acoden a recibir a segunda dose da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

En total, 1.764.363 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, un 71,88% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega --2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade--, 1.237 máis que a xornada anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta