Trasladan dúas persoas ao hospital por un incendio nun piso en Ourense

Por E.P. | OURENSE | 10/07/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Dúas persoas necesitaron asistencia médica e ser trasladadas a un centro hospitalario despois de declararse un incendio nun piso situado na rúa do Greco, en Ourense. Segundo informa o 112 Galicia, foi unha persoa particular quen, sobre as 21,00 horas da noite, contactaba coa central de emerxencias para alertar do lume, que acabou por calcinar a vivenda case ao completo.

Seguidamente, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Ourense, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tal e como apunta a central de emerxencias, as chamas orixináronse "posiblemente por mor dunhas velas ou incenso". As dúas persoas afectadas foron evacuadas a un centro hospitalario.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta