Bandeira azul en Riazor mentres o Concello da Coruña espera gozar do verán dentro dunha "mellor normalidade"

A concelleira Esther Fontán lembrou a nova aplicación móbil CEUS, que reforzará o traballo realizado polo equipo de salvamento.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/07/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, izou este mediodía a bandeira azul en Riazor e anunciou que este ano espera que se poida gozar do verán dentro dunha "mellor normalidade". O izado de bandeira é un acto simbólico co que se dá conta da calidade ambiental e dos servizos das praias coruñesas.

Respecto ao ano pasado hai avances como a supresión dos semáforos de control de capacidade xa que "a situación vai mellorando", dixo a concelleira. Esther Fontán lembrou que a normativa vixente implica o peche de areais e de parques en horario nocturno, polo que de momento "non se retirarán os valados de Riazor".

SENTIDO COMÚN

A concelleira sinalou que a premisa do Goberno de Inés Rey é que "todas e todos podamos gozar mellor desta tempada estival, pero sempre con sentido común". Neste sentido, Fontán felicitou a actitude das persoas usuarias que gardan correctamente a distancia de seguridade nestas primeiras semanas de verán.

Doutra banda, destacou a presenza un ano máis de informadores nos accesos que porán ao día das normas actuais e entregarán bolsas para depositar os restos orgánicos e inorgánicos, así como máscaras e cinceiros. "O máis recomendable é acceder aos puntos habilitados nas entradas para fumar e favorecer así a convivencia entre veraneantes", dixo Fontán.

ACCESIBILIDADE

En materia de accesibilidade, sinalou que Santo Amaro e Oza "dispoñen de todos os servizos necesarios para as persoas con diversidade funcional".

"Tamén arranxamos a costa do Matadoiro e a beirarrúa de todo o Paseo Marítimo co fin de facelo accesible para as persoas con discapacidade visual: "En accesibilidade melloramos un 100%", sinalou a edil.

APP CEUS

Ademais, Esther Fontán lembrou a nova aplicación móbil CEUS, que reforzará o traballo realizado polo equipo de salvamento. Deste xeito, a cidadanía pode contactar directamente coas persoas socorristas e estas poderán geolocalizar no momento calquera emerxencia.

Tamén informará doutros aspectos como as condicións meteorolóxicas en tempo real, as correntes, a cor das bandeiras que indican o perigo do baño ou do índice de raios UVA.

Praias do Orzán e de Riazor, na Coruña
Praias do Orzán e de Riazor, na Coruña | Fonte: UC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta