O PP rexeita pedir criterios obxectivos en axudas da Deputación de Ourense

O PSdeG avisa de que Feijóo "non pode mirar para outro lado" ante "o clientelismo, nepotismo e dedocracia" na institución

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O PP rexeitou unha iniciativa parlamentaria do PSdeG --apoiada polo BNG-- que pedía, entre outras cuestións, criterios obxectivos e de concorrencia competitiva na asignación de subvencións por parte da Deputación de Ourense.

No pleno do Parlamento galego, o deputado popular José Luís Ferro defendeu que a Xunta "non ten competencias sobre procesos de contratación e subvencións sobre entidades provinciais e locais", "nin intervén neste tipo de procesos", polo que sería "unha inxerencia".

O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera denunciou o informe "absolutamente demoledor" do Consello de Contas sobre a contabilidade da Deputación de Ourense de 2018, que "pon de manifesto un modo de facer as cousas á marxe da lei"

Así, sinala que ese informe reflicte que "o clientelismio, nepotismo e dedocracia son os sinais de identidade da Deputación de Ourense", "un instrumento ao servizo do PP" que está "lonxe de ser unha institución democrática".

O deputado socialista advirte de que o informe de Contas apunta a que o 84% das subvencións na Deputación "son concedidas a dedo", con oito de cada 10 contratos que son menores e sen concorrencia competitiva. Alerta de que "o 60%" das contratacións son para "empresas ligadas ao PP", incluída unha compañía do "fillo dun alcalde do PP".

De feito, dixo que conta cunha lista de 250 afiliados ao PP que "traballan ou traballaron" para a Deputación de Ourense. "Igual algún senta nesta Cámara", apostilou Juan Carlos Francisco Rivera.

No debate, Iago Tabarés (BNG) reprobou que os populares estean "a tolerar e consentindo" un "sistema corrupto e absolutamente ilegal" no que "practicamente o 90%" das contratacións fanse por "dedocracia".

SERÍA UN "INTERVENCIONISMO INACEPTABLE"

Pola súa banda, José Luís Ferro (PP) xustificou a negativa do seu grupo á iniciativa en que as deputacións gozan de autonomía local "recoñecida na Constitución". Por iso, o Goberno galego "non pode valorar ou analizar como están a cumprir ou deixando de cumprir", pois se trataría dun "intervencionismo inaceptable nun sistema democrático".

Ademais, defendeu que as subvencións nominativas "son perfectamente legais", á vez que afeou aos socialistas que "predican unha cousa cando están a gobernar e o contrario cando están na oposición".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta