A Xunta contrata a 95 profesionais para pór en marcha os programas previstos no Plan de Saúde Mental galego

Por E.P. | VIGO | 14/07/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A Xunta contratou a 95 profesionais para pór en marcha os programas previstos no plan de saúde mental de Galicia. Estas contratacións posibilitaron, entre outras accións, dúas novas unidades de saúde mental infanto-xuvenil na Coruña e Vigo.

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julioo García Comesaña, no marco das primeiras sesións clínicas interautonómicas que inaugurou este mércores en Vigo, que nesta primeira edición céntranse na saúde mental, segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa.

"A saúde mental era xa un dos grandes retos pendentes do noso sistema sanitario antes da pandemia, pero agora converteuse en inaprazable e en prioritario", remarcou Comesaña. Sanidade fixo fincapé no apartado da saúde mental infanto-xuvenil, tema principal da sesión, e incidiu na posta en marcha de dúas unidades ambulatorias novas, unha en Vigo e outra na Coruña.

Tamén destacou que o seu departamento ten en marcha as contratacións dos programas de hospital de día infanto-xuvenil en Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, pendentes do peche dos seus espazos de instalación da dotación de enfermaría e dos plans funcionais.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nun acto en Vigo.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nun acto en Vigo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta