O certo é que EB leva razón. O PT poderá ser pioneiro en moitas cousas, mais non en rexeitar a política como actividade profesional e remunerada.
E aos que din que EB "non rexeita a política profesional, é unha plataforma(...)" teño que dicirlles que EB non é unha plataforma. EB é un partido político, os representantes están a facer política (de feito, é unha alternativa política única na actualidade) e ninguén no partido cobra nada, polo tanto rexeitan a profesionalización da política, pois esta só se dá cando se recibe un salario por facer política, cousa que, como dixen, nin sucede nin sucederá en EB.
De que modo rexeita EB a política profissional? Está em contra de que os políticos cobrem? Ou só querem o voto em branco computável? Ao não tomar as actas os seus membros não são nem mais nem menos políticos que qualquer outro vizinho, e obviamente não podem cobrar (ainda que quisserem).
Por certo... este é a primeiro comunicado que saca EB de Galiza desde as eleições? Diz muito do jeito de "fazer política"!! EB dissolvera-se quando se consiga o voto em branco computável? E depois? Votarão em braco computável ou votarão em partidos onde os políticos profissionais cobrem?
Reitero: eu não vejo nem no programa, nem no 'manifiesto' (sic) de 'Escaños en Blanco' (sic) qualquer rejeição à política "como atividade profissional", mas a solicitude expressa de contabilizar o voto em branco e a sua tradução para escanos baleiros. Tudo bem, é bem legítimo e, de acreditar eu na democracia representativa, votaria por eles. Mas, por favor, não nos queiram fazer acreditar em cousas que não são :
http://escanos.org/sobre-escanos-en...
Mire, señor "Por Barbante!", xa lle dixen que EB rexeita a profesionalización da política en tanto en canto que eles, como persoas que forman parte dun partido político e que toman unha postura política ante a realidade, non cobran polo que fan, nin das institucións nin do partido. Os que cobran, profesionais; os que non cobran, non profesionais. EB non pode obrigar a que os demais partidos fagan o que el fai. Pero deixa claro, co exemplo, cal é a súa concepción da política. EB non é dos que fala e non da exemplo. Ao contrario, EB fala pouco e fai moito.
Vostede di que EB non pode cobrar subvencións. Mentira. Todos os partidos reciben subvencións só polo feito de existir e se presentar a procesos electorais, sexan estas maiores ou menores. E os seus membros poderían facer o que fan noutros partidos: cobrar a fin de mes e non pisar o Parlamento en toda a lexislatura.
Por último, este non é o primeiro comunicado que EB saca. É dos primeiros comunicados que EB saca e que os medios publican. Cousas diferentes. EB informa moi a miúdo das súas actividades: asembleas, actos, a comparecencia no Parlament. Que os medios deste país non fagan caso é outra cousa. E que vostede pense que se non apareces nos medios non se fai nada mostra bastante a súa concepción da relación existente entre medios e partidos. Resúmolle a de EB: non temos en propiedade ningún medio. Nós non somos deses.
Non volva falar do traballo de EB sen falar antes con responsables de EB. E non veña dicir que só estaba facendo preguntas, porque as preguntas non eran inocentes, eran retóricas. E facían un xuízo claro. Pero, como digo, o falar non ten cancelas.
Para "EB leva razón": a ver, uma cousa é que os candidatos de EB não cobrassem, caso fossem eleitos, por não acudirem ao parlamento - postura que é bem legítima - e outra cousa bem distinta é rejeitarem a política como "atividade profissional". Noutras palavras: que eu não jogue, nem queira jogar a futebol não implica que eu esteja contra o futebol profissional, não sei se me entende. Saúde.
Quer dizer: que eu não jogue, não quer dizer que eu esteja em contra do sistema. Ou, por continuar com o símil futebolístico: se eu não gosto de como joga a equipa, deixo os assentos do campo baleiro para que os "profissionais" do assunto tomem nota e as medidas necessárias para arranjar a cousa. Mas aí não há qualquer questionamento da 'profissionalidade' do assunto, mas a intenção de melhorar o funcionamento desse sistema em que esse "profissionalismo" está inserido.
Não se me altere EB! Eu falarei do que me pete sem ter que perguntar-lhe a Vd. nem a ninguém. EB não rechaça a política profissional. EB em nenhum lugar diz que os eleitos (que assumam as atas) não devem cobrar. Os que não tomam posse das atas, obviamente, não podem. Renunciar à subsídios é uma cousa (que faz EB, e o PT) é uma cousa, mas opor-se à política profissional é outra (e isto EB não faz). Por tanto, o seu perrinche frente a notícia do GC está infundado. Só estará fundamentado quando EB saque um comunicado dizendo que nenhum político deveria cobrar (os seus eleitos não poderiam de qualquer jeito, ao não tomar posse).
Do vosso manifesto: "Presionar a la clase política y a sus partidos para que se esfuercen mucho más en desarrollar su actividad con ética y respeto". Isto não é apoiar a política profissional??? No conceito do PT todas somos políticas, e por isso ninguém deveria cobrar por sê-lo.
Pode falar do que lle pete, pero non como lle pete. Non pode mentir e falar de cousas que non coñece. Que o fai e o seguirá facendo? Claro, facer xuízos é gratis, neste país. Repito que EB, como partido, rexeita a política profesional e remunerada. EB está no partido de fútbol, e non cobra por xogar. A xente de EB non cobra por ofrecer unha alternativa "de xogo", seguindo coa metáfora que vostedes fixaron. EB non pode pedir que o resto de partidos políticos o fagan. Algo que está moi de moda hoxe en día: certos partidos tratan de impoñer o seu modelo (pouco aprobado en votos) ao resto de partidos (mal que nos pese, máis aprobado en votos), cando debería ser a sociedade a que seleccione, co voto, que modelo prefire.
Vostedes sigan ao seu. Hai certas cousas que non entendo da súa mensaxe, pois o que entendo do portugués é por proximidade ao galego e non por telo estudado, pero sinceramente, non entrarei a valoralas, posto que o que vostedes queren é que EB trate de impoñer que todos os partidos rexeiten a política como actividade profesional e remunerada. Os membros de EB son futbolistas, non afeccionados. Os primeiros son os políticos e partidos que se presentan ás eleccións (EB) e os segundos son os votantes. A súa metáfora situaba a EB no grupo equivocado. EB é un equipo que ofrece á xente un tipo de fútbol, e os seus xogadores NON COBRAN, polo tanto FAN FÚTBOL NON PROFESIONAL. Eu non respostarei a máis mensaxes, posto que se vostedes pensan que é o PT, pois que sexa o PT.
PD: antes de que haxa victimismos ou acusacións de censura. Se dixen que "Non volva falar do traballo de EB sen falar antes con responsables de EB", é porque estase a cometer unha grande falta de rigor cando se fala dunha institución, persoa, evento ou calquera cousa sen consultar á parte implicada. Sobre todo cando se fala mal dela.
Este é un hábito moi grande nos medios de comunicación actuais ou, como neste caso, na xente en particular. Reitero unha última cousa: en EB temos un modelo e non tratamos de impoñelo ao resto de partidos, tratamos de, democraticamente, que a xente elixa e premie este modelo. Así, serán partidos que por propia decisión, e non por imposición, os que sexan elixidos polos cidadáns.