Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2021 | Actualizada ás 12:04
Galicia avanza na vacinación dos mozos de 30 a 39 anos con máis dun 48% dos chamados a inmunizar desta franxa de idade con polo menos unha dose ao alcanzar as 156.521 persoas, mentres que máis do 62,9% da poboación diana de toda a Comunidade galega xa finalizou o proceso.
Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do mércores, recollidos por Europa Press, administráronse 3.196.112 dose das 3.315.195 recibidas ata a data, que supoñen 26.978 postas máis.
GRUPOS DE IDADE
Así, ata o momento recibiron polo menos unha dose 1.610.104 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,6% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.
Así mesmo, foron vacinadas 128.958 persoas de 35 a 39 anos (+12.626) e 27.563 de 30 a 34 anos (+6.624), o que supón 156.521 cidadáns, un 48,4% duns 323.300 a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade. Tamén recibiron polo menos unha dose 15.096 persoas de 25 a 29 anos (+197); 8.840 de 20 a 24 anos (+747); 1.096 de 15 a 19 anos (+215) e 36 de 10 a 14 anos (+12).
Por tanto, 1.791.693 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, o que constitúe un 72,99% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.