Tres persoas feridas na Mezquita na saída de vía dun vehículo na A-52

Outras tres persoas resultaron feridas en Maside.

Por E.P. | OURENSE | 19/07/2021 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico na autovía A-52 debido a unha saída de vía no termo municipal da Mezquita na noite deste pasado domingo.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu o aviso deste sinistro pasadas as 23,30 horas deste domingo cando un particular alertaba de que sufriran unha saída de vía na A-52.

Nesa comunicación sinalou que, ao saírse da vía, caeran ao baleiro, baixo unha ponte, e ademais indicaba que os ocupantes non podían saír do coche porque non se abrían as portas. Nun primeiro momento, o alertante descoñecía a localización exacta do accidente e non sabía se se atopaban na A-52 ou na N-525, ao seu paso polo concello da Mezquita.

Despois, os membros do GES da Gudiña confirmaron que o vehículo circulaba pola A-52, incorporouse dirección á N-525 e caeu, de novo, á autovía. Con todo, cando os servizos de emerxencias chegaron ao lugar, todos os ocupantes se encontraban fora do vehículo.

Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES da Gudiña. O 112 Galicia solicitou tamén a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

OUTRA SAÍDA DE VÍA

Por outra banda, outas  tres persoas resultaron feridas nunha saída vía en Maside sucedida sobre as 20,00 horas deste domingo. O 112 Galicia recibiu o aviso, a través dun particular, deste sinistro na autoestrada AG-53, na parroquia de Armeses.

Segundo informou esta persoa, o accidente ocorrera na entrada da autovía cara a Santiago, saíndo de Ourense, cando unha furgoneta chocou contra un vehículo e fixo que se saísen da vía.

Accidente de tráfico na autovía A54
Accidente de tráfico na autovía A54 | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta