Galicia ás portas da "inmunidade de rabaño" en plena quinta onda de contaxios

Case o 66% da poboación ten xa a pauta completa de vacinacion.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Galicia continúa o proceso de vacinación da poboación contra a Covid-19 e alcanza o 65,75% con pauta completa, 1.614.005 persoas co proceso finalizado, que supoñen 4.003 máis que a xornada pasada.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do luns, recollidos por Europa Press, administráronse 3.286.123 dose das 3.332.795 recibidas ata a data, que implican 4.397 postas máis.

Diso pódese deducir que a xornada de vacinación deste luns pasado centrouse en completar pautas, con máis de 4.000 cidadáns na Comunidade galega máis co proceso finalizado.

GRUPOS DE IDADE

Ata a data recibiron polo menos unha dose 1.616.119 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,95% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 135.681 persoas de 35 a 39 anos (+45) e 39.994 de 30 a 34 anos (+33), o que supón 175.675 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 54,33% duns 323.300 a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 15.250 persoas de 25 a 29 anos (+38); 9.292 de 20 a 24 anos (+61); 1.367 de 15 a 19 anos (+48) e 123 de 10 a 14 anos (+40). Por tanto, 1.817.826 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galicia, que representan un 74,06% da poboación diana a vacinar no conxunto da Comunidade galega.

Varias persoas reciben a primeira dose da vacina de AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press.  / Europa Press
Varias persoas reciben a primeira dose da vacina de AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta