A Xunta apela á "sensibilidade" con Galicia da nova secretaria de Estado de Transportes sobre o AVE

Este cambio prodúcese apenas uns días despois da substitución acaecida no liderado do Ministerio, coa substitución do ministro José Luís Ábalos por Raquel Sánchez, quen agora terá como 'man dereita' á presidenta de Adif.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A conselleira de Infrestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurou que confía na "sensibilidade" con Galicia da nova secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera.

A responsable galega de Infraestruturas felicitou a Pardo de Beira polo seu recente nomeamento. "É unha persoa coa que levamos traballando desde o ano 2016 como directora de Adif, e sendo ministra (de Fomento) Ana Pastor", engadiu Ethel Vázquez.

A actual presidenta de Adif, de orixe galega, será a nova secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en substitución de Pedro Saura, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Adif.

Este cambio prodúcese apenas uns días despois da substitución acaecida no liderado do Ministerio, coa substitución do ministro José Luís Ábalos por Raquel Sánchez, quen agora terá como 'man dereita' á presidenta de Adif.

Á pregunta de se a posible substitución de Pardo de Vera como principal responsable de Adif pode causar atrasos no desenvolvemento das infraestruturas galegas, Vázquez asegurou que as obras de alta velocidade non se verán afectadas, "estea quen estea" ao cargo.

"A Xunta de Galicia entende que coa súa chegada á secretaría de Estado terá unha sensibilidade coa chegada da alta velocidade galega", afirmou a titular de Infraestruras. Ethel Vázquez lembrou que a chegada do AVE a Galicia está prevista para o próximo outono.

A conselleira Ethel Vázquez, en rolda de prensa. CONCHI PAZ
A conselleira Ethel Vázquez, en rolda de prensa. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta