Aprobados o 72,3% dos presentados á selectividade extraordinaria

Os matriculados na ABAU extraordinaria foron 2.637, dos cales 2.432 presentáronse á parte obrigatoria ou á parte voluntaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A convocatoria extraordinaria de xullo da Avaliación de Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) rexistrou un total de 1.234 aprobados na parte obrigatoria, o que supón o 72,29% dos presentados.

En total, os matriculados na ABAU extraordinaria foron 2.637, dos cales 2.432 presentáronse á parte obrigatoria ou á parte voluntaria, segundo informa a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).

Fronte aos 13.200 alumnos que participaron na ABAU de xuño, no xullo houbo 2.637 estudantes inscritos tras superar o Bacharelato na convocatoria extraordinaria, suspender a selectividade ordinaria ou presentarse para subir nota na chamada 'parte específica'.

As probas da convocatoria extraordinaria realizáronse entre os días 13 e 15 de xullo. Este mércores publícanse as notas provisionais e abrirase un período de revisión de notas.

Varios estudantes, esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía. César Arxina - Europa Press
Varios estudantes, esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta