Os prezos industriais rexistran a maior suba da serie histórica, un 14,7 % en xuño en Galicia

Destacan as subas de prezos na fabricación de produtos básicos de ferro, aceiro e ferroaleacións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2021 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Os prezos industriais rexistraron en xuño unha subida interanual do 14,7 % en Galicia, segundo o Índice de Prezos Industriais (IPRI) publicado este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto do estado, o incremento dos prezos industriais foi do 15,4 %, dúas décimas máis que a de maio e a taxa máis alta desde outubro de 1983, é dicir en case 38 anos, impulsados pola enerxía eléctrica e os bens intermedios.Os bens intermedios subiron un 13,7 %, case un punto por encima do mes anterior, mentres que os bens de consumo non duradeiro fixérono un 4,5 %, dúas décimas máis que en maio.

Dentro dos bens intermedios, destacan as subidas de prezos na fabricación de produtos básicos de ferro, aceiro e ferroaleacións mentres que baixan os de produtos químicos básicos, compostos nitrogenados, fertilizantes, plásticos ou caucho sintético.

Nos bens de consumo non duradeiro, influíu a subida dos prezos do procesado e conservación de carne, así como os de elaboración de produtos cárnicos, fronte ao descenso rexistrado o mesmo mes de 2020.

UN REPUNTE DA ENERXÍA DO 35,2 %

En canto á enerxía, aínda que diminúe a súa taxa anual máis de dous puntos, o repunte é do 35,2 %.  Esta evolución, explica o INE, é consecuencia do aumento dos prezos do refino de petróleo, menor que o experimentado en xuño do ano anterior; mentres que os prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica foron maiores que en xuño de 2020.

Con esta subida de xuño, o IPRI encadea seis meses de incrementos en taxa anual desde que arrincou o ano cun 1 % e que se acelerou desde abril cando compara cos meses máis duros do confinamento. En abril o repunte foi do 13% para pasar ao 15,2% en maio e este 15,4% de xuño.

gases industriais - Ambientum
gases industriais - Ambientum

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentras o pailán vai vender pais a EE.UU. coma se fósemos un paraíso da competitividade ?