As pensións galegas seguen á cola do Estado con 880€ de media

Galicia ten as contías máis baixas do Estado --só por diante de Extremadura-- malia rexistrar unha suba do 2'4% dende xullo do ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia situouse en 880,63 euros en xullo, o que supón un incremento do 2,38% con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Con todo, a Comunidade galega mantense como a segunda autonomía --tras Estremadura--, cunha pensión contributiva media máis baixa en España.

No conxunto estatal, a Seguridade Social destinou neste mes de xullo a cifra récord de 10.202,29 millóns de euros ao pago de pensións contributivas, un 3,23% máis que no mesmo mes de 2020. Máis de dous terzos da nómina, 7.340,71 millóns de euros, destináronse ao abono de pensións de xubilación, prestación que experimentou un crecemento de case o 4% nos últimos doce meses.

Ás pensións de viuvez destináronse 1.746,27 millóns de euros, un 2,24% máis que en xullo do ano pasado. Ademais, a nómina das prestacións por incapacidade temporal foi de 945,58 millóns (+0,92%), mentres que a de orfandade foi 143,31 millóns (+2,70%) e a das prestacións en favor de familiares ascendeu a 26,24 millóns (+3,99%).

Un ancián camiña nun municipio rural galego. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un ancián camiña nun municipio rural galego. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta