A alcaldesa de Lugo urxe a Xunta a que "reforce" a Atención Primaria na cidade

Lara Méndez quéixase de que os servizos está n"a sufrir moitísimo".

Por E.P. | Lugo | 28/07/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, queixouse este mércores de que a Atención Primaria está "a sufrir moitísimo na cidade, e non só polo condicionante do verán, senón polo condicionante da pandemia", unha situación que, dixo, esténdese a "toda Galicia".

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Méndez apelou a que "hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente" e engadiu que "o que non se pode tampouco é ter que esperar para ser atendido da orde de quince días".

É por iso que invocou a necesidade, por parte da Xunta, de "reforzar" a Atención Primaria, "porque é a primeira porta que toca o paciente, a primeira porta que é a que ademais ten esa capacidade de si se precisan facer probas a maiores ou non".

"Estamos a falar de que, durante a pandemia, o diagnóstico doutras enfermidades foron menores, o cal está a prexudicar a saúde das persoas", alertou, antes de incidir nos efectos que ten o verán neste servizo sanitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta