O PSOE de Ourense defende o plan de turismo termal do Goberno central, de máis dun millón de euros

O grupo socialista critica ademais as axudas á conciliación da Xunta de Galicia, que tacha de "ineficaces".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE de Ourense defendeu o "ambicioso" o plan do Goberno central en canto ao turismo na provincia, cun investimento de 1.350.000 euros en materia termal.

O investimento, tal e como sinalou o grupo nun comunicado, enmárcase nos 'Plans de Sustentabilidade en Destinos' aprobados por elministerio de Industria, Comercio e Turismo. Ademais, o PSdeG da provincia lamentou que, mentres tanto, a Xunta de Galicia e o Concello "abandonen o termalismo, un dos bens máis prezados da provincia, á súa sorte".

Zona termal da Chavasqueira alagada polo río Miño en Ourense, a 11 de febreiro de 2021. ROSA VEIGA - EUROPA PRESS
Zona termal da Chavasqueira alagada polo río Miño en Ourense, a 11 de febreiro de 2021. ROSA VEIGA - EUROPA PRESS

"Trátase dun compromiso que permitirá mellorar a experiencia dos turistas, atraer novos visitantes á provincia e explotar os recursos termais de Ourense, permitindo investigar novos usos das augas termais, así como xerar emprego e potenciar o termalismo por toda a nosa provincia", asegurou a formación.

O Plan Ourense Termal representa "unha estratexia específica para o desenvolvemento termal dos territorios rurais da provincia". Componse, tal e como explicou o PSdeG de Ourense, dun conxunto de actuacións orientadas á captación de axentes do territorio mediante unha "innovadora" combinación de medidas.

Entre elas, destacan a xeración de coñecemento e intelixencia turística, a creación de aplicacións de contratación dun estudo que demostre a eficacia dos tratamentos termais, a declaración de utilidade pública de determinados mananciais, ou a realización de 'fun trips' con asociacións de pacientes para verificar a eficacia dos tratamentos.

AXUDAS "INEFICACES" Á CONCILIACIÓN

Por outra banda, a portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, denunciou a "ineficacia" das axudas á conciliación e á corresponsabilidade da Xunta destinadas a homes e a persoas traballadoras de familias monomarentais e monoparentais.

"Á vista de que o número de solicitudes non supera as 300 e tendo en conta que só una de cada catro reducións de xornadas laborais en Galicia é para homes, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE 2018), entendemos que estas axudas non cumpren a finalidade que perseguen ao non mellorar os índices de corresponsabilidade en Galicia", asegurou Díaz.

A portavoz sinalou ademais que a convocatoria "discrimina" ás mulleres ao deixar "fóra" á maioría delas "cando son as que reducen as xornadas para coidar das nosas fillas e fillos". "A redución de xornada que solicitan as mulleres nos seus traballos non se ve bonificada de ningunha maneira; senón que, moi ao contrario, redúcense os seus salarios mentres os homes que deciden acollerse á convocatoria non ven reducida a súa nómina", sentenciou.

Díaz instou ao Goberno autonómico, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento galego, a establecer medidas "efectivas" que permitan "favorecer a igualdade entre homes e mulleres e, por tanto, corrixir as desigualdades aínda hoxe existentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta