Verín presenta unha programación cultural de verán 'adaptada á covid'

Programaranse un total de oito actividades entre as que se inclúen dúas presentacións literarias, catro sesións de contos -organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín- un espectáculo de teatro e outro de maxia.

Por X.M. Fernández | Verín | 31/07/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O Concello de Verín vén de presentar a súa axenda cultural e de lecer programada para este mes de agosto e adaptada ás esixencias do momento actual, marcado polas medidas sanitarias vixentes derivadas da covid-19.

Paco Nogueiras co seu novo traballo 'Extra!'. Foto: Ed. Kalandraka.
Paco Nogueiras co seu novo traballo 'Extra!'. Foto: Ed. Kalandraka.

Segundo confirmou este venres 30 de xullo a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, durante o mes de agosto programaranse un total de oito actividades, entre as que se inclúen dúas presentacións literarias, catro sesións de conta contos -organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín- e dous espectáculos, un de teatro e outro de maxia, ideais para participar con toda a familia.

As presentacións literarias serán no Auditorio Municipal e o resto de espectáculos nos seguintes espazos públicos: Rúa Irmáns La Salle e Praza da Mercé.

Somoza explicou que "en aras da responsabilidade social, aínda non podemos recuperar algúns dos nosos grandes eventos como a Batucada ou a Feira do Viño ata que as condicións sanitarias permítano con total garantía de  saúde e  seguridade para todas  as  persoas. Aínda así, desde o inicio da pandemia apostamos, e así o seguimos facendo, por seguir ofrecendo á cidadanía unha cultura segura, adaptando a nosa programación, como nesta ocasión, sempre respectando as medidas sanitarias marcadas en cada momento polas autoridades competentes".

A programación ao detalle está publicada na páxina web do concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Moi ben, Ho.