'As tardes do Atlántico' de Martín Códax continúan en agosto

A coñecida adega cambadesa segue apostando pola oferta enoturística da comarca do Salnés con estes singulares eventos enogastronómicos que se celebrarán tódolos martes e mércores de agosto ás 20:00 horas na súa panorámica terraza.

Por X.M. Fernández | Cambados | 04/08/2021 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Tras o éxito acadado un ano máis pola iniciativa "As Tardes do Atlántico", Bodegas Martín Códax acaba de anunciar novas datas para gozar desta exclusiva experiencia enoturística que ofrece dentro da súa programación estival.

Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax
Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax

Estando inicialmente programadas para os mércores dos meses de xullo e agosto, tras esgotar entradas e ante a positiva resposta e demanda do público, o ciclo As Tardes do Atlántico verase ampliado con 5 novas sesións, sumando un total de 13 participantes nesta edición dedicada ás novas xeracións da cociña galega.

"As Tardes do Atlántico" é unha desenfadada iniciativa culinaria co Albariño como co-protagonista e especialmente arraigada no territorio, que busca poñer en sintonía aos cociñeiros participantes co marcado entorno atlántico da cooperativa. Estas propostas gastronómicas supoñen a maridaxe perfecta coa que acompañar os distintos viños das Bodegas, Albariños cultivados e elaborados no Salnés.

Os eventos terán un prezo de 25 euros por persoa e contarán con aforo limitado, respectando tódalas medidas sanitarias. As entradas para asistir están á venda na páxina web www.martincodax.com.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

3 agosto: Adrián Pérez – Restaurante Sinxelo (Novidade)

4 agosto: Adriana Martínez – Restaurante Zicatela (Esgotado)

10 agosto: Kike Piñeiro e Eloy Cancela – Horta d’Obradoiro (Novidade)

11 agosto: Eva Arba – Restaurante BIDO (Esgotado)

17 agosto: Adrián Albino – Restaurante Niño Corvo (Novidade)

18 agosto: Tomás Rubio – Restaurante A Viaxe (Esgotado)

24 agosto: Carlos Insua e Jordi López – Restaurante Benedita Elisa (Novidade)

25 agosto: Gonzalo Pose – Argentinos Burger (Esgotado)

31 agosto: Iván Domínguez – Restaurante NADO (Novidade)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta