"Entre donas", o libro no que 10 autoras "colocan ás mulleres no centro da historia"

A obra colaborativa, na que participan autoras como Marilar Aleixandre ou María Reimóndez, presentarase este 5 de agosto na Feira do Libro da Coruña.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Marilar Aleixandre, Marica Campo, Rosalía Fernández Real, Inma López Silva, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Reimóndez, Eli Ríos, Anxos Sumai e Antía Yáñez son as escritoras que enchen as páxinas de Entre donas, unha obra colectiva na que se recollen 10 relatos que colcoan ás mulleres no centro da historia. 

ilustración do libro Entre Donas
ilustración do libro Entre Donas | Fonte: Baía Edicións

Escritoras galegas actuais, con estilos narrativos diferentes, poñen en común as súas experiencias e outros aspectos vitais nunha obra que destaca pola súa ollada feminina. No epílogo de Ana Luisa Bouza recorda que "Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina". Entre donas é unha obra feminista, na que algunahs autoras "re-visitan vellas historias dende a ollada feminina, outas re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación", como afirma Bouza. 

Marilar Aleixandre, Rosalía Fernández Riral e Antía Yáñez, autras da obra, acompañadas pola directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, encargaranse de presentar Entre donas este 5 de agosto ás 20.30 horas na Feira do Libro da Coruña. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta