O novo curso contará con todos os profesores "necesarios", pero con "axustes"

Ante a demanda dos sindicatos por manter aos profesores contratados por mor da pandemia o Conselleiro de Educación expuxo que se hai que adaptalos "a unha situación máis ordinaria".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/08/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou este mércores que "a Xunta porá todos os profesores que sexan necesarios para garantir os protocolos sanitarios e a calidade educativa", pero matizou que haberá "axustes". Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a demanda dos sindicatos para manter aos profesores contratados por mor da pandemia pola Covid-19.

Román Rodríguez subliñou que o ano pasado fíxose "un esforzo extraordinario por unha situación moi concreta". Así, explicou que estes esforzos "hai que axustalos" cando se tende a unha "situación máis ordinaria".

Ademais, lembrou que esta época se fan "axustes en base á demografía". E dixo que había que ter en conta que en Infantil e Primaria "haberá 4.000 alumnos menos", e que se farán axustes "dentro do marco que fixan os cocientes". Con todo, asegurou que se contará con "máis profesores que no curso 19-20".

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula do Centro de Educación Infantil A Gacela, pechada durante a fase 1 da desescalada en Valencia. Como anunciaron hai uns días, os conselleiros de Educación autonómicos, na conferencia sectorial celebrada co. Iván Terrón - Europa Press - Arquivo
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula do Centro de Educación Infantil A Gacela, pechada durante a fase 1 da desescalada en Valencia. Como anunciaron hai uns días, os conselleiros de Educación autonómicos, na conferencia sectorial celebrada co. Iván Terrón - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta