O BNG tacha de "estafa" que a Xunta "premie" con 2,88 millóns á banca para instalar caixeiros tras pechar oficinas

Os nacionalistas tachan esta medida de "tomadura de pelo", pois "con diñeiro público dos galegos van financiar aos bancos a instalación de caixeiros para que a poboación poida retirar o seu propio diñeiro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O BNG considera unha "estafa" que o Goberno galego destine 2,88 millóns a sufragar ás entidades bancarias para que instalen caixeiros en concellos "nos que previamente pecharon oficinas, coa consecuente supresión de postos de traballo".

As condicións de adxudicación destes 2,88 millóns recólleas unha orde da Consellería de Facenda que publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) nas últimas semanas. "Implica destinar 700.000 euros anuais no período 2021-2025 para financiar aos bancos por prestar un servizo que deberían garantir as propias entidades", critica o Bloque.

É, para os nacionalistas, "unha tomadura de pelo", xa que "con diñeiro público os galegos van financiar aos bancos a instalación de caixeiros para que a poboación poida retirar o seu propio diñeiro". Unha banca da que lembra que "ten beneficios millonarios" e á que xa se rescatou en 2009, "mentres moitas familias soportaban a crise".

O viceportavoz parlamentario do BNG, Manuel Lourenzo, avisa de que esta medida "mesmo pode ter un efecto chamada" e apunta a un informe do Banco de España segundo o cal hai 38 concellos galegos en situación de exclusión financeira.

O deputado do BNG Manuel Lourenzo. BNG
O deputado do BNG Manuel Lourenzo. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Riolo

Por una vez de acuerdo con el BNG. No sé si tendré que ir al médico. La banca ya tiene un trato de favor que apesta, como para encima regalarles dinero

1 nostrus

El bnje es como un reloj parado y todos los relojes parados marcan la hora exacta durante un segundo cada veinticuatro horas. Bueno, el bloque no es solo un reloj parado, tambien tienen parado el calendario desde la Edad Media.

1 lopes

Cogoberna o BNG nalgún concello que solicitou esta estafa #estafadores2