Traballadores de Ence rebentan o pregón das festas de Pontevedra e o Concello sopesa denuncialos

O goberno municipal analizará o informe da Policía Local para decidir se toma accións legais polos incidentes, nos que houbo empurróns, insultos, pertardos e botes de fume.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 07/08/2021 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Un cento de traballadores de Ence boicoteou en Pontevedra a lectura do pregón das festas da Peregrina, a cargo da baterista Violeta Mosquera, a base de constantes berros, facendo soar chifres e bucinas, golpeando os seus cascos contra os valos e lanzando petardos e botes de fume.

Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra
Traballadores de Ence protestan durante o acto da lectura do pregón das Festas da Peregrina, en Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Os empregados da pasteira chegaron a romper o perímetro de seguridade cando as autoridades ---o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e a concelleira de Festas, Carme da Silva, entre outros representantes municipais do BNG e do PSOE-- retiráronse do palco da Alameda, sendo custodiados por axentes antidisturbios da Policía Nacional e a Policía Local, entre empurróns e insultos por parte do persoal da fábrica.

Os traballadores concentrábanse nunha parte da Alameda desde minutos antes do acto, ao que se podía acceder previa reserva, mentres outro sector do perímetro estaba ocupado por cidadanía en xeral, entre a que se atopaban simpatizantes de colectivos ecoloxistas como a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra.

Ao finalizar a lectura do pregón, o público que seguira o acto e abandonaba o recinto foi increpado e insultado polos empregados de Ence, que se apropiaron dos folletos impresos co texto da intervención da pregoeira e lanzáronllos aos asistentes, entre berros de "Ence si, paro non" e "Ence está en loita".

O momento de maior tensión produciuse cando o alcalde de Pontevedra e as demais autoridades abandonaron o palco da música, onde permaneceron varios minutos, para dirixirse a un local de hostalaría próximo. Nese breve traxecto, os axentes protexeron o rexedor municipal do acoso físico e verbal dos traballadores, que volveron arroxar folletos, ademais de producirse algún conato de agresión.

Durante o tempo que Fernández Lores, Carmela Silva e Carme da Silva permaneceron no local, chegaron a formarse dous bandos, separados pola rúa e senllos cordóns policiais: por unha banda, un grupo de persoas que corearon consignas contra a empresa, como "Ence, peche xa" e "A ría é nosa e non de Celulosas"; doutra banda, os traballadores da empresa, que continuaron protestando ruidosamente e despregando unha pancarta coa lema "Ence se".

COMITÉ DE EMPRESA

Esta foi a primeira mobilización conxunta dos comités de empresa das oficinas centrais e da fábrica, representadas de forma maioritaria por CC.OO. e CIG, respectivamente, e co apoio das empresas auxiliares e os sectores forestal e do transporte.

"Mentres Pontevedra está de festa, Ence non está de festa, está en loita e seguiremos todas as semanas, se fai falla", advertiu o vicepresidente do comité da fábrica, Modesto Graña, que atribuíu os incidentes ás "provocacións" por parte dos partidarios do peche da empresa.

Graña asegurou que "non estaba previsto" que se producisen altercados: "Eu só vin agresión verbal, non vin outra cousa", sinalou, sobre o momento no que rompeu o cordón de seguridade. "O ambiente estaba quente e caeuse nesas provocacións, non hai que darlle máis importancia", concluíu.

"Nunca estamos satisfeitos cando hai violencia", explicou a presidenta do comité das oficinas, Ana Cedeira, argumentando que son "traballadores" cuxo obxectivo era "facer ruído" durante o acto de apertura das festas da cidade.

"Non me gustan este tipo de actos e non o xustifico, pero comprendo como están os meus compañeiros", concluíu Ana Cedeira, lembrando que a empresa "xa se situou" e está disposta a ampliar as súas instalacións en Navia, "pero a Navia non podemos ir todos, co resultado de que 400 persoas vanse ao paro e máis de 5.000 familias quedan sen traballo", concluíu.

GOBERNO LOCAL

Pola súa banda, a edil de Festas, Carme da Silva, responsabilizou directamente a dirección de Ence e rexeitou que os incidentes se debesen a "persoas descontroladas", argumentando que "foi unha decisión premeditada" e atribuíndo o "comportamento violento" a que "tiñan orde de rebentar o pregón e rebentárono".

Carme da Silva cualificou o sucedido como "unha falta absoluta de respecto á sociedade de Pontevedra e á pregoeira", reprochando aos manifestantes que non respectasen nin sequera a intervención de Violeta Mosquera, a quen agradeceu a súa "enteireza, dignidade e saber estar" a pesar das condicións nas que realizou a súa intervención.

A concelleira de Festas destacou os "momentos de enorme violencia e agresividade" que se produciron cando os traballadores de Ence se dirixiron cara ás autoridades: "Se non hai persoas lesionadas de gravidade, como o alcalde, foi pola Policía Local que, en moitos momentos, parou os golpes dirixidos a quen iamos saíndo", precisou, sen chegar a valorar a intervención en coordinación cos antidisturbios da Policía Nacional.

POSIBLES ACCIÓNS

Precisamente, o goberno municipal esperará a coñecer o informe da Policía Local para valorar se o concello de Pontevedra exercerá algunha acción xudicial, en alusión aos posibles "danos nun oído" que sufriría un dos músicos que amenizaba o acto nos seus prolegómenos, cando un dos petardos lanzados polos traballadores de Ence explotou na parte posterior do palco onde se realizaba a lectura do pregón.

"Temos moitos antecedentes de cando a empresa manda parar a violencia, a violencia para", insistiu a edil nacionalista, que criticou os anuncios previos por parte dos representantes dos traballadores sobre que "se ían a comportar e respectar o pregón", aínda que "o comportamento foi totalmente diferente", engadiu, recalcando as "agresións con elevada violencia que pararon os axentes da Policía Local".

APDR

Situado entre o público que acudiu á Alameda de Pontevedra en torno ao perímetro de seguridade e no extremo oposto ao que ocupaban os empregados da fábrica, o presidente da APDR, Antón Masa, asegurou que recibira insultos --aos que non respondeu-- por parte dos traballadores. "Ence colocouse hoxe en contra da cidadanía de Pontevedra, que non pode gozar das festas", advertindo do "custo social" que lle carrexará á empresa.

En canto ao persoal da pasteira, Masa lembrou que "se equivocan de inimigos, que non son nin o BNG nin o PSOE, nin a APDR, nin a cidadanía de Pontevedra", senón "a propia empresa, xunto co sindicato CCOO e o PP". O presidente do colectivo ambiental reprochou aos representantes dos traballadores que "no canto de defender os postos de traballo, defenderon sempre os intereses da empresa, á que lle importa tres pitos os empregados, porque marchará onde lle resulte máis rendible a man de obra e o prezo da madeira".

PREGÓN

En canto ao pregón de Violeta Mosquera, a integrante do grupo de punk rock galego Bala non aludiu na súa intervención ao conflito laboral en Ence, centrándoa na súa experiencia vital en Pontevedra durante os últimos anos, o impacto da crise causada pola pandemia no sector cultural e o seu compromiso social co coidado do medio ambiente, o feminismo e mesmo o seu activismo antitaurino.

"E se queredes ruído de verdade, en Campolongo esta noite, iso si que vai ser ruído!", ironizou Violeta Mosquera ao final do pregón, referíndose á sonora pitada dos traballadores de Ence fronte á potencia musical do concerto que ofrecerá coa súa compañeira de Bala, Anxela Baltar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Beirismo

Mima neno batalla guapa entre el Lores y sus amiguetes del Benegué y la peñita skin del Roberto Vaquero, el Frente No Obrero. Xa tardaban meus en liarla en Puentevedra. Joder coa esquerda, non dan feito oíste? Si es que me quedo con los de la FPG que te están siempre de debate interno del Internet, es súper cómodo y ahora te están de xuntanzas con el Fernando Ramos Armesto y esa xentiña del ml.

2 Angelica

Y que han conseguido reventando el pregon? Acaso se creen que la solucion es enfrentarse con sus conciudadanos? Yo personalmente creo que si tenían algo de razón en sus reivindicaciones, con estas acciones pierden toda su legitimidad. Todo el mundo tiene derecho a protestar, pero no pisoteando los derechos de los demás, como en este caso a disfrutar de sus fiestas en paz, que bastante tenemos con otras cosas. Luego no se extrañen si sus conciudadanos les dan la espalda... se lo tendrían merecido.

1 Eilo

Los hay tontos y luego está lo de Lores. Merecía la pena hacer esto a costa de no poder volver a vivir tranquilo en tu propia ciudad. Hay cosas con las que no se juega. Como suelen decir: no las hagas, no las temas. El solito es responsable de lo que le pase.

1 Tocabolas

Unha Neuronal e ao 50 %...."nolashagasnolastemas"...pero como se pode ser tan animal soltando esa Ameaza propria da "cosa nostra" sen sair correndo a lle bicar o anel ao presidente do Consello de Administracion de ENCE?

2 Eilo

Tu debes ser igual de corto. De amenaza nada. Es tan sencillo de entender como que si a mi me tuviesen que sacar escoltado de cualquier sitio estaría preocupado, muy preocupado. Cuando se lleva a un montón de gente al límite de la desesperacion estadísticamente es muy fácil que haya al menos uno que pierda los papeles y haga una locura. Mi estándar de prudencia a mi me dice que no es una buena idea hacer cosas y luego no poder salir a la calle sin escolta. Es amenaza o apreciación coherente? Tu vivirías tranquilo? Te sentirías libre?

3 Pregunta de plebeo

Por que non presionades ao conde que é o que ameaza con pechar

4 Fart@s de Ence na ría

Apoio aos colectivos e políticos que defenden a recuperación da ría das mans dos especuladores que mercaron Ence de saldo grazas a encher os consellos de administración de vendid@s. Hai máis de vinte anos que tiñan que ter previsto o traslado. Estes donos pecharon o centro de investigación que tiñan en Campañó e máis non lles doeu a xente que foi ao paro daquela. Fóra da ría dunha vez!