Falecen cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas de 53 anos

Todos os falecidos presentaban patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/08/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Os últimos datos achegados por Sanidade sinalan o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Neste reconto inclúense datos do 8 e do 9 de agosto.

Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19
Vista dun tubo cunha mostra tras a realización dunha proba PCR para a covid-19 | Fonte: Ión Alcoba - Europa Press.

Así o día 8 falecía unha muller de 87 anos no seu domicilio situado no concello lugués de Láncara.

O día 9 falecían dúas mulleres no CHUAC da Coruña, unha de 53 anos e outra de 71. Ese mesmo día notificábase unha nova morte, neste caso un home de 80 anos que estaba ingresado no CHUS.

O día 10 de agosto comunicouse a morte dunha muller de 90 anos que estaba ingresada no CHUVI de Vigo.

Todas as persoas falecidas padecían patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta