Ecoloxistas piden que Sanidade non lle agoche aos bañistas a contaminación do encoro das Conchas

Ecoloxistas en Acción critica á Consellería de Sanidade por non actualizar os datos con respecto á situación do encoro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A presenza de cianobacterias no encoro das Conchas non cesa. As cianobacterias, que contaminan as augas do encoro, vense favorecidas polas altas temperaturas, o maior número de horas de luz e un exceso de nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca. Ante este situación, o baño queda prohibido, pois estas augas contaminadas son perigosas para a saúde das persoas. 

Encoro das Conchas, na Limia, afectado por contaminación de bacterias
Encoro das Conchas, na Limia, afectado por contaminación de bacterias | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Nas últimas semanas, a asociación Ecoloxistas en Acción denunción a situación na que se atopa o Encoro das Conchas, que afecta principalmente á zona de Portoquintela, no concello de Bande, e a zona de O Corgo-A Rola, no concello de Muíños. Ante isto, a asociación denuncia a irresponsabilidade da consellería de Sanidade á hora de informar á xente sobre a posibilidade de bañarse. 

Dende Ecoloxistas en Acción apuntan que a información contida na páxina web da Consellería a 26 de xullo mantiña o Nivel 1 (en canto ao reconto de cianobacterias) para a praia fluvial do Corgo, mentres que si recoñía o Nivel 3 (o máximo) para Portoquintela, o que significa unha prohibición do baño. 

Con todo, critican a lentitude á hora de actualizar os datos, tendo en conta que se trata dunha web que "á que moitas persoas acoden precisamente para informarse" e consideran que "esperou ás denuncias para ter a web en orde". "É unha cuestión de saúde pública non menor e parece que continúan as dinámicas de agochar o que sucede nas Conchas", critican dende a asociación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta