GC Aberto

O "Bombero torero", a última bandeira da ultradereita

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021

Comparte esta noticia

VOX está a favor do "Bombero torero", por qué será que non me sorprende?, son a voz da España máis rancia e casposa, representan a esencia do franquismo, a súa ideoloxía baséase no oscurantismo, en sementar odio e facer do racismo, a homofobia e a intolerancia a súa bandeira.

Espectáculo do chamado 'Bombero torero'
Espectáculo do chamado 'Bombero torero' | Fonte: arquivo

Agora din defender o espectáculo do "Bombero torero" para defender a libertade, según eles como o fan porque queren, é un traballo máis, forma parte da libertade individual. 

Este é un razoamento moi de Españistan, dálles igual que España teña asinado un convenio Europeo que loita contra este tipo de espectáculos, a lei esta para cumplila as veces.

Por desgracia no pasado, nos circos, persoas con enfermidades raras eran expostas, alguén co seu razoamento diría: si eles queren forma parte da súa libertade.

Non só se trata da dignidade de quen se ve obrigado ou "quere" facer ese traballo, posiblemente porque non ten outro, tamén é moi importante o exemplo que damos aos espectadores, sobre todo aos nenos, aos nosos fillos, rir de alguén polo seu tamaño, o seu peso, o seu aspecto, non é o exemplo correcto.

De neno era bastante normal darlle un cigarrillo a un neno, ou unha copa de viño doce, comprabamos os cigarrillos de chocolate, non hai tanto nos avións podian fumar, ata fai moi pouco nos restaurantes.

Tódalas medidas para avanzar como sociedade encontaron detractores que clamaban por unha suposta libertade individual, que se vulneraba cunhas medidas que hoxe ninguén discute. 

Para a ultradereita deberiamos quedar na idade media. Deixemos que cada un faga o que queira, dende tirar cabras dende un campanario, ata facer exorcismos.

Pero non podemos caer nesa visión de mente estreita, trátase de evolucionar como sociedade, ningún país europeo permite eses espectáculos, se cadra Rumanía ou Hungría, pero debemos decidir que sociedade queremos ser.

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

Lo vuestro no tiene arreglo. Siempre imponiendo, siempre prohibiendo, siempre machacando al que discrepa de vuestros dogmas. El desprecio al discapacitado es otra seña de identidad de la izquierda de hoy, que se ejemplifica con el aborto eugenésico o la eutanasia. Goebbels está ganando la guerra. Al final cualquier muestra de sentido común es ultraderecha.