Declaran extinguido o incendio de Rois e controlado o de Vilar de Barrio

Segundo as últimas estimacións, o de Rois afectou a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 23 corresponden a monte arborado e os dous restantes a raso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, deuse por extinguido ás 11,45 horas deste martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural sobre un lume que comezou o luns ás 16,26 horas.

Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 23 corresponden a monte arborado e os dous restantes a raso.

Por outra banda, mantense controlado, desde as 18,46 horas do luns, o lume iniciado na localidade ourensá de Vilar de Barrio, na parroquia de Prado, ás 22,35 horas.

Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta a unhas 27 hectáreas, principalmente arboredo. Entre outros efectivos, participan 28 brigadas e tres helicópteros na súa extinción.

Labores de extinción dun incendio forestal. Carlos Castro - Europa Press
Labores de extinción dun incendio forestal. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta