O alcalde de Ortigueira pide reunirse coa ministra Ribera para expresarlle o seu rexeitamento a un parque eólico

"Non podemos hipotecar o presente e o futuro de Ortigueira", defende o rexedor socialista.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2021 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras (PSOE), solicitou manter unha reunión coa ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, para trasladarlle a súa preocupación polos efectos sobre o concello do proxecto de construción do parque eólico do Barqueiro.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo | Fonte: Greenalia.

O goberno local informa que a petición foi enviada polas canles formais ao departamento da ministra, coa que o socialista quere abordar os "efectos negativos" do proxecto sobre a zona.

O Executivo local considera preocupante o lugar elixido para o parque, situado "case na primeira líinea de litoral" e nunha área "moi próxima ás casas" dos veciños, así como de establecementos hostaleiros e explotacións agrarias e forestais.

Neste sentido, advirte do "impacto acústico e visual" do parque e os seus "posibles efectos" nas subministracións de auga e enerxía. "Agradecemos que se fagan investimentos, pero non podemos hipotecar o presente e o futuro de Ortigueira", sentenciou o alcalde.

Deste xeito, Penabad Muras manifestou que o propósito do encontro solicitado coa ministra é expor a postura do Goberno local sobre un proxecto que cren que "afecta negativamente a área e que, por tanto, consideran que debe tombarse.

"Aínda que o que ofrecen economicamente é aceptable e tamén hai compromiso de crear emprego, isto non é suficiente garantía. Os beneficios económicos pódense gastar, pero quedaríanos unha hipoteca para sempre", incidiu o alcalde.

O parque eólico do Barqueiro, segundo explica o Executivo local, afecta a varios concellos da zona e vai desde Ortigueira ata As Pontes. O proxecto está promovido por Enel Green Power e expón a instalación de 150 megawatios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Colónia, somos umha put.. colónia, e assi tratam-nos, e seguiremos expulsando aos filhos e mais aos netos do País, enviaremos-los à emigraçom; a única política económica desenhada por Madrid para Nós, ao desterro. Mas seguiremos votando aos partidos da Vila e Cortelho, ao partido único da grande burguesia: PPSOE.