O acondicionamento do castelo da Rocha Forte recibirá 300.000 euros do Concello de Santiago

Deste xeito, o investimento na Rocha Forte consistirá na adecuación dos accesos e a construción dun aparcadoiro para facilitar as visitas a este xacemento arqueolóxico que formou parte do patrimonio do Arcebispado de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago investirá case 300.000 euros no acondicionamento dos exteriores do xacemento arqueolóxico do castelo da Rocha Forte, nos arredores da capital galega.

Esta actuación é un dos contratos que recibiron luz verde por parte do goberno local compostelán na súa reunión deste luns, de cuxos acordos informou en rolda de prensa o rexedor santiagués, Xosé Sánchez Bugallo.

Deste xeito, o investimento na Rocha Forte consistirá na adecuación dos accesos e a construción dun aparcadoiro para facilitar as visitas a este xacemento arqueolóxico que formou parte do patrimonio do Arcebispado de Santiago.

O complexo é, xunto co castelo de Pambre, en Palas de Rei; a única fortificación que se conserva en Galicia de antes da Revolta Irmandiña.

Así mesmo, a xunta de goberno tamén autorizou outras actuacións como as obras no viario da rúa do Bidueiro, en Vidán, por un importe de case 200.000 euros; ou o acondicionamento dun camiño agrícola en Sabugueira por máis de 63.000 euros.

Vista área do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela. CONCELLO DE SANTIAGO
Vista área do castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta