Ferida unha persoa alcanzada polo seu propio vehículo en Oroso

O vehículo atopábase co freo de man sen accionar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida, sobre as 17,15 horas deste luns no concello coruñés de Oroso ao ser alcanzada polo seu propio coche, segundo informa o 112.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos mediante a chamada de urxencias médicas que informou dunha persoa alcanzada polo seu propio vehículo, ao estar este sen o freo de man accionado, e quedar baixo o mesmo.

Unha vez recollidos os datos, os operadores do 112 déronlle o aviso aos Bombeiros de Ordes e de Santiago, á Policía Local de Oroso e a Protección Civil.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia pola patrulla da Policía Local, a persoa non estaba atrapada e xa estaba a ambulancia no lugar dos feitos.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta