O corpo achado na praia As Lapas correspóndese ao dun home desaparecido en xullo

Luís Enrique Insua Hermida desapareceu o pasado día 27 na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/08/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O corpo achado na praia coruñesa das Lapas na noite do pasado xoves correspóndese ao de Luís Enrique Insua Hermida, un coruñés de 56 anos desaparecido o pasado 27 de xullo na Coruña.

SOS Desaparecidos confirmou a localización sen vida do home, cuxa ausencia foi denunciada pola súa irmá. Previamente, a familia xa formalizara denuncia á Policía Nacional.

Posteriormente, buscouse pola zona na que adoitaba pescar xa que se cría que saíra a facer esa actividade cando desapareceu. De feito, no seu momento, efectivos de Policía Nacional e Protección Civil rastrexaron a zona de costa á que adoitaba ir pescar.

Agora, fontes consultadas por Europa Press, confirmaron que, tras as probas de ADN, o corpo localizado na praia coruñesa correspóndese a este veciño da Coruña.

Cartel dun home desaparecido na Coruña.. SOS DESAPARECIDOS
Cartel dun home desaparecido na Coruña.. SOS DESAPARECIDOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta